CONDE CHAMA A UNIR ESFORZOS PARA REACTIVAR O NAVAL GALEGO
O conselleiro de Economía e Industria pide á oposición que “deixen a demagoxia” para adoptar “un verdadeiro espírito construtivo”
Asegura que o apoio da Xunta ao sector naval “é máis que un compromiso, e así o temos demostrado”, con feitos como a alianza estratéxica con Pemex, a consecución dun novo tax lease ou a reactivación de Pymar
Apunta como principais liñas de traballo para esta lexislatura o reforzo financeiro do sector e as actuacións de diplomacia internacional para consolidar a carga de traballo.