FESTA BIG VAN 28 DE FEBREIRO
Hoxe xoves terá lugar en Van Divulgación a festa e presentación de proxectos que pecha o mes de febreiro. Estes encontros que se celebran unha vez ao mes teñen a intención de crear un diálogo entre os creadores e o resto da cidadadanía. Coma sempre, daranse a coñecer proxectos innovadores de carácter cultural, ecolóxico e social en torno a un viño.
A convocatoria está aberta a todo o público ata compretar aforo e nesta ocasión participan:
Bodegas Corisca- cata do primeiro viño ecolóxico galego
Raúl Bermúdez– Presentación e exposición de ilustracións
Asociación Cultural Paco Lavandeira– Presentación
La Canalla– acción e sesión de fotos do fotógrafo Alfonso Durán
Juanma Lodo– Música
BODEGAS CORISCA
Presentamos CORISCA un viño elaborado con uva albariño
100%, con Denominación de orixe Rias Baixas certificado polo
CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica) tanto nos
viñedos (desde o 2008) como na industria de elaboración
de viño (2009).O proceso de elaboración é natural ,sen engadidos
a maiores nin potenciadores de sabores, elabórase con fermentos
naturais extraidas dos nosos viñedos despois de seleccionar as
mellores cepas para a elaboración de nosas propios fermentos;
posteriormente realízase unha maceración e un prensado pneumático.
Tras a súa fermentación natural o viño é criado nos seus leas máis finas
durante seis meses, o que lle achega maior sabor e potencia. O viño
sae ao mercado non antes de que pasase 10 meses desde
a súa entrada en adega. O embotellado faise de forma personalizada
e independente, xa que se vai embotellando en diferentes momentos
segundo demanda do mercado.Así o albariño Corisca chega ao mercado
só cando alcanza a súa madurez, ben avanzado o ano seguinte ao
da súa colleita, o que lle procura gran lonxevidade.
RAÚL BERMÚDEZ
Raúl Bermúdez, ilustrador galego e director de arte e contidos da Revista Dot (www.dotgalicia.com) está decidido a fomentar a súa faceta máis artistica como ilustrador. Agora, despois dun tempo traballando, trae o seu traballo e unha colección de láminas en series limitadas, numeradas e asinadas, amosándonos o seu particular freakshow cheo de mulleres barbudas, loitadores mexicanos e dobres pezóns… en definitiva lo que a el lle gusta!!”
ASOCIACIÓN PACO LAVANDEIRA
É unha asociación que quere promover actividades artísticas e artesanais
en Vigo.
O espazo urbano é o punto de encontro entre os habitantes dun lugar, é onde as aspiracións dos pobos se materializan y se intercambian. O espazo común é onde se cruzan as culturas de distintos pobos, e é o espazo que acolle aos visitantes de outros pobos
Queremos aproveitar os espazos valeiros de uso pero non de potencial nin de historia, queremos recoller a testemuña e aportar o noso gran de area plantando novas sementes e incentivando, primeiro aos habitantes máis inmediatos á praza núcleo das nosas actividades, a praza da fonte no paseo de Alfonso XII, a participar das creacións artesanais-artísticas que se xeneren, e ampliando o círculo de atracción aos habitantes do casco vello de Vigo e da cidade. Queremos servir tamén de reclamo para os potenciais turistas, convocando unha actividade mensual que acolla todas as artes que se propoñan e aproben por parte da asociación.
A beleza, non só é posible, senón que existe.
[LA CANALLA ao espalle]
O teletransportador2
O teletransportador2 é a acción que imos levar a cabo para Tomarnos a Tarde nun espazo ao que nos une unha forma de vivi-lo traballo e a vida mesma, Van divulgación.
Vai ser un acto de compartir e de espallar, unha sesión de fotos para subir novas prendas de LA CANALLA á web, a través do ollo, sensibilidade e oficio de Alfonso Durán
Imos trasladarnos por segunda vez da realidade á rede, a estendernos en varias direccións [todas as posíbeis], a Tomarnos a Tarde para disfrutar.
Queremos que o noso sitio na Internet [www.lacanalla.es ] sexa un lugar común, sen fronteiras, dende o que irradiar algo máis que calor humano, a conciencia para separar o gran da palla
A tenda en liña de LA CANALLA é virtual, mailas nosas prendas son reais, nos somos reais e vos sodes reais. Esperamos que gocedes do traxecto e que nos visitedes a miúdo
JUANMA LODO
Creativo multidisciplinar e multifacético compaxinou os seus estudios como deseñador (industrial e gráfico) cunha gran actividade noutros campos. É músico experimental e videortista en proxectos como LunaticBoy, HEDONISTAS, Ucranian Bride, Vestida de… Tamén é fotógrafo “coolhunter” e responsable da sección Moda Na Rúa na revista Dot Galicia.
A partir das 22.00 horas a festa trasládase ao Gloria de Churruca onde haberá música e descontos especiais para os asistentes.
BIG VAN COMUNIDADE NA PROCURA DA COCREACIÓN E A SOCIALIZACIÓN DO COÑECEMENTO
Na rúa Brasil 37 está Big Van, o noso espazo de comunidade. Todos os días en horario de 19.00 a 22.00 h abrimos o obradoiro e o estudio para que as persoas interesadas poidan desenvolver as súas inquedanzas artísticas, coñecer a persoas afíns ou simplemente desenvolver os seus proxectos nun entorno agradable por 25 €.
A comunidade cultural trascende os obradoiros: trátase de sumar talentos e establecer alianzas entre profesionais e cidadáns interesados na cultura e o patrimonio. O proxecto busca contribuír ao desenvolvemento de novas liñas de traballo -que se presentarán cada mes nun formato aberto ao público- para as persoas que teñan ese obxectivo, pero tamén supón un xeito de pasar o tempo de lecer.
Big Van comunidade ofrece aos seus usuarios unha selección de libros de arte, arqueoloxía, arquitectura e etnografía que se irá ampliando con publicacións das disciplinas que se imparten nos talleres.