Concello de Vigo


Caballero asegura que o Concello superará en 2013 os 3.600 empregos creados no pasado ano

O alcalde fixou como obxectivo “superar” os 3.600 postos de traballo creados no 2012, entre directos e indirectos, pola acción do Concello, para o que as contas deste ano reservan 5,5 millóns de euros para Emprego, ademais dos investimentos. Caballero participou hoxe xoves na entrega de diplomas do “Vigo Laborando”

 

O Concello xa repuxo os 80 dispositivos de teleasistencia retirados polos recortes do Goberno Central

Abel Caballero avanzou que as 80 persoas maiores ás que lles foi retirado o dispositivo da teleasistenicia froito dos recortes do Goberno Central xa recuperaron os pulsadores. Atribuiu esta eliminación, xa correxida polo Concello, “a unha acción neglixente da Deputación , da Xunta e do Goberno Central”.

 


O goberno local repara o céspede do campo de fútbol das Travesas e continuará co de Samil

Abel Caballero revisou este xoves co edil de Deportes, Manel Fernández, os traballos de reparación e mellora do campo de fútbol das Travesas, onde o Concello inviste 12.000 euros. O Concello planea “nun futuro cercano” substituir todo o céspede artificial e continuará coas reformas no campo de fútbol de Samil.

 


O Concello realiza unha terapia asistida con cadelas en dez asociacións sociais

O alcalde mantivo hoxe xoves unha reunión coas dez asociacións beneficiarias en 2013 deste programa do Plan Saúde, un proxecto levado adiante por profesionais que emprega a cadelas como terapia para persoas, por exemplo, con alzheimer ou hiperactividade.

 


O Concello colabora na difusión de A Sega, unha plataforma de crítica literaria feminista

A Sega é o nome da plataforma literaria de crítica feminista que presentaron hoxe xoves a concelleira de Igualdade, Isaura Abelarias, e as escritoras María Reimóndez e Susana Sánchez Arines. O Centro de Recursos Feministas recepcionará as obras que envíen as editoras para que as críticas as poidan recoller e albergarán as doazóns das obras que as editoriais envíen para recensionar.

 

Consello Municipal da Muller distingue a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero

O Consello Municipal da Muller, na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2013 acordou distinguir a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero, que se otorgará no transcurso dunha cea no Hotel Coia o venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Tamén acordou apoiar a manifestación contra o desmantelemento da Sanidade Pública e difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 


O rexedor municipal participa nunha xuntanza cos voluntarios do programa municipal de hortas urbanas

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: