Hoxe venres, arte sonora no MARCO: «Phonology of noise…»
venres 1 de marzo, con motivo da inauguración da exposición HUM, de Massimo Bartolini
Phonology of noise : the voice as sound object
Retransmisión en directo dende a web de
Radical Matters – Editions/Label
![]() |
Phonology of noise: the voice as sound object [Fonoloxía do ruído: a voz como instrumento sonoro]
Retransmisión en directo dende a web de Radical Matters – Editions/Label
Data: venres 1 de marzo Lugar: salón de actos do MARCO Horario: a partir das 20.00
Streaming: http://www.radicalmatters.com/metasound
|
Mañá venres 1 de marzo, con motivo da inauguración da exposición HUM, de Massimo Bartolini, terá lugar no salón de actosdo MARCO a sesión titulada Phonology of noise: the voice as sound object, que consiste nunha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta, retransmitida en directo dende a web de Radical Matters – Editions/Label series.
Unha selección, comisariada por Sandro Gronchi, dedicada á acción creativa de gravar e/ou manipular a voz como obxecto sonoro. A sesión iníciase con experimentos clásicos de finais dos setenta, con correntes como Fluxus, poesía sonora, e composicións vogais extra-literarias; e recolle propostas de experimentos acusmáticos, radicalismos post-industriais, accionismo sonoro contemporáneo, rituais electroacústicos, accións de transcomunicación psicofónica, ou proxeccións de black metal de vangarda, entre outras.
+ INFO sobre RADICAL MATTERS – EDITIONS / LABEL en http://www.radicalmatters.com