Archivo | marzo 3, 2013

Concello de Vigo

 

O Concello reabre os pavillóns de Balaídos tras garantirse a seguridade dos usuarios

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da decisión de reabrir os pavillóns situados nos baixos do estadio, tras retirarse 500 quilos de cascotes de formigón que representaban risco de desprendemento. Os técnicos avalan a seguridade do recinto.

 

Urbanismo autoriza o inicio dos trámites para construir 70 vivendas en Samil, o 40% protexidas

O alcalde informou hoxe venres desta decisión, tras a celebración do Consello semanal da Xerencia municipal de Urbanismo. Abel Caballero salientou que “unha das grandes zonas de Vigo”, como é este ámbito de Samil, reserve o 40% da nova vivenda para pisos asequibles.

 

O alcalde avanza un “gran plan” de acción para a mocidade con emprego, ocio e vivenda

O rexedor anunciou hoxe venres a “inmiente” presentación dun “gran” plan de actuación integral para a mocidade. Tal e como explicou, incluirá vivenda, emprego, deporte, ocio e cultura, entre outros aspectos.

 


Caballero reitera a implicación do Goberno local co Marco na inauguración da exposición HUM de Massimo Bartolini

Abel Caballero presentou este venres no Marco a “magnífica” exposición Hum, que volve situar a esta cidade na vangarda da cultura internacional. A mostra está comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma.

 


O Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt arranca o 7 de marzo co apoio municipal

O próximo 7 de marzo arranca en Vigo o Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt. Durante catro días distintos espazos municipais albergarán o programa dun certame consolidado na cidade e ao que o Concello apoia con 20.000 euros e a cesión do Auditorio Municipal, a Casa das Artes, o Marco e a Casa de Arines.

 


Volta Galiexpo Motor Show, en abril, grazas ao apoio do Concello e como referente para Galicia e o norte de Portugal

O Concello de Vigo será patrocinador principal do Galiexpo Motor Show, un evento do motor que retorna dous anos despois e que se celebrará no Ifevi do 12 ao 14 de abril.

 

Obradoiro sobre xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto “XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”. O curso, dirixido a todas as persoas interesadas, estará impartido pola psicóloga Rosa Faraldo Rivas. O obxectivo do obradoiro é visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

 

Talleres de avellentamento activo para persoas maiores

A concellería de Política do Benestar organiza talleres de avellentamento activo sobre a risa relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo e pilates.

 

Solicitude actuacións de bandas de música e agrupacións corais

A Concellería de Cultura e Festas informa da apertura do prazo de solicitude para contar coa actuación de bandas de música populares e/ou agrupacións corais, a través dos convenios de colaboración existentes coa Federación de Bandas de Música e con ACOPOVI, respectivamente

 


“Obxectos de poder”, charla no Museo Liste

“Obxectos de poder” é o título da charla que impartirá o profesor Carlos Solla o sábado 2 de marzo, ás 18.00 horas na sala de exposición do Museo Liste de Vigo.

 


Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena

O sábado 2 de marzo haberá no Casco Vello unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA.

EL CENTRO DE EXCELENCIA DE VIGO PRESENTA EL MODELO DE INNOVACIÓN ABIERTA COMO HERRAMIENTA CLAVE PARA INCREMENTAR LA COMPETITIVIDAD EMPRESARIAL

Durante la jornada, que se celebrará el próximo martes 5 de marzo, a partir de las 10:15 horas, en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo, se presentarán los  beneficios que puede reportar este modelo y las herramientas disponibles para su desarrollo en las empresas.

   Rodrigo Gómez, responsable de la Unidad de Desarrollo e Innovación de la Escuela Gallega de Administración Sanitaria, y Luisa Pena, directora de Administración y Finanzas de Tecnópole, compartirán con los asistentes su experiencia en la implantación de este sistema y los resultados obtenidos. Leer Más…

A DEPUTACIÓN ABRE UN PRAZO DE 15 DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Os interesados en solicitar as axudas da Deputación Provincial de Pontevedra  para a reparación de embarcacións tradicionais, dispoñen de 15 días para facelo contados a partires de hoxe 2 de marzo de 2013, segundo especifican as bases que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Esta actuación realizarase a través do proxecto PROAMARE cofinanciado polo FEDER nun 75% e pola Deputación de Pontevedra nun 25%. O orzamento previsto para a rehabilitación e mellora de embarcacións tradicionais é de 50.000 euros.

Segundo recollen as bases, a rehabilitación ou mellora terá en conta, en todo caso, a accesibilidade de persoas con discapacidade. Estas axudas promoverán accións tendentes a recuperar o patrimonio marítimo tradicional e a mellorar as manifestacións culturais, así como a xerar beneficios no seu entorno.

Beneficiarios: Leer Más…

La empresa viguesa Nacelim, puntera en la eliminación total de pintadas y graffitis

descarga   La empresa Servicios de Limpieza Nacelim, con sede en la Gran Vía de Vigo, es una compañía puntera en la eliminación total de pintadas y graffitis tanto en escaparates comerciales como en fachadas de todo tipo de materiales.

Dirigida por Sebastián Dugo, Nacelim ha realizado a lo largo del año 2012 cerca de un centenar de intervenciones centradas en la eliminación de pintadas en diferentes entidades financieras o establecimientos comerciales de Vigo, Pontevedra y varios municipios de la provincia pontevedresa.

La empresa viguesa –una de las pocas existentes en la provincia que realiza este tipo de trabajos– utiliza un material disolvente que importa de Italia para eliminar las llamadas “sombras”, un rastro que dejan las pintadas que resulta difícil de eliminar con eficacia.

MARCO de Vigo: inauguración exposición HUM. Massimo Bartolini

Miniaturas+Pies foto_HUM_cast_page2_image1

PRESENTACIÓN

HUM, de Massimo Bartolini (Cecina, Italia, 1962) é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma, no contexto dun programa expositivo dedicado á arte sonora. A exposición de Bartolini rende homenaxe ao músico canadense Glenn Gould (1932-1982), e inclúe dúas instalacións sonoras —HUM, e Singing North— construídas a partir de dúas pezas de Gould: as vogalizacións ou tarareos [humming] do músico canadense na súa segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach (1981); e o texto radiofónico The Idea of North (1967), un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— do norte.

No caso de Vigo, a mostra inclúe un novo traballo realizado especificamente para o MARCO: a performance Lettura, que consiste na lectura en voz alta da famosa novela El malogrado, que Thomas Bernhard dedicou a Gould tras a súa morte. O conxunto complétase con Phonology of noise: the voice as sound object, retransmisión dende a web de Radical Matters – Editions/Label series, dunha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta.

DATAS

1 marzo – 19 maio 2013

LUGAR

Salas de exposición do 1º andar

HORARIO

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Pechado os luns

PRODUCIÓN

Fondazione Musica per Roma

 COMISARIA

Anna Cestelli Guidi

BASES DOS CAMPAMENTOS “A LANZADA” PARA O ANO 2013

diputacionpontevedraA Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:

• Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
• Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
• Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
• Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
• Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
• Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
• Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
• Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
• Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
• Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
• Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro
Leer Más…

REMATA O 2º CURSO DE MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA NO CDL DE O TORRÓN

descarga (2)

Este xoves rematou a segunda edicción do curso de Manexo de Carretilla elevadora, que se celebrou no CDL de O Torrón.

No mesmo participaron 20 alumnos que recibiron as clases teóricas e prácticas no mesmo centro; aproveitando así as instalacións tanto interiores como exteriores que proporciona o centro.

Este curso estaba dentro do primeiro ciclo do Plan de Formación Municipal que ten en marcha a Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda. Os alumnos foron seleccionados cunha proba, xa realizada antes do primeiro curso, quedando nunha bolsa de reserva por orde de puntuación, a cal se acudiu para este.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación resalta que “este curso foi o máis demandado do primeiro ciclo de formación que se ofertou, tratamos sempre de  dar resposta a demanda dos veciños e veciñas e para iso, neste eido estamos estudando un novo ciclo de formación, tentando que sexa a máis axeitada ao perfil dos nosos demandantes”.

 

 

UN FORO SOBRE O FUTURO DOS CENTROS DE MAIORES REÚNE MAÑÁ EN SANTIAGO A MÁIS DE 200 PROFESIONAIS DA XERONTOLOXÍA

 Intervirán relatores doutras comunidades autónomas e técnicos de centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Santiago, 1 de marzo de 2013.- Un foro centrado no futuro e os novos retos dos centros de atención a persoas maiores reunirá mañá no Hotel Congreso de Santiago a 220 profesionais do sector. Nesta xornada, relatores doutras comunidades autónomas e técnicos de distintos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reflexionarán sobre os novos deseños, a atención e as posibles melloras nestes servizos. Leer Más…

Concello do Porriño

LA ESCUELA MUNICIPAL DE MÚSICA DE PORRIÑO CELEBRA DOS CONCIERTOS

Mañana sábado a partir de las 20.00 horas actuará Adriana Carrera Carrera y el sábado siguiente, día 9, Noelia Carrera Carrera

Las actuaciones enmarcadas en el 1º Ciclo de Solistas Convidados serán en la sala 6 de la Escuela con entrada libre y gratuita.

EL CONCELLO DE PORRIÑO ASEGURA QUE NO SE HA INCUMPLIDO EL ACUERDO DE CESIÓN DE TERRENO A AIMEN 

El alcalde Nelson Santos ratifica lo expuesto por la dirección de este centro ante las declaraciones hechas por el partido socialista, calificadas por el Gobierno local como “alarmistas por desconocimiento del asunto a tratar, creando informaciones sin base ni argumentación alguna y contradictorias, existiendo una clara confusión de conceptos”.

27 PORRIÑESES CONSIGUEN UN CONTRATO INDEFINIDO EN 2012 A TRAVÉS DEL SERVICIO DE PORREMPREGO

El alcalde subraya la importancia de la consecución de puestos de trabajo estables. El Concello concederá bonificaciones por contratación, que alcanzan los 2.000 euros en el caso de las indefinidas

Porremprego ofrece además asesoramiento para la puesta en marcha de un proyecto empresarial, constituyéndose el pasado año 59 empresas gracias a este servicio gratuito y registrándose 72 altas de autónomos

web www.concellodoporrino.net

TRABALLO BLINDA O SEU APOIO AOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO NA SÚA APOSTA POLA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, participou hoxe nun encontro empresarial entre a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) e Executivas de Galicia
  • O Goberno galego destinou na pasada lexislatura preto de 40 millóns de euros ao mantemento dos 1.825 postos para persoas con discapacidade que traballan nos 115 centros especiais de emprego que existen en Galicia
  • O departamento autonómico mantén as dúas liñas de subvención coas que conta neste eido: o programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego e as axudas ás unidades de apoio á actividade destas instalacións
  • A Xunta financia con ata 12.000 euros a creación dun posto de traballo indefinido para traballadores con discapacidade.