A DEPUTACIÓN ABRE UN PRAZO DE 15 DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Os interesados en solicitar as axudas da Deputación Provincial de Pontevedra  para a reparación de embarcacións tradicionais, dispoñen de 15 días para facelo contados a partires de hoxe 2 de marzo de 2013, segundo especifican as bases que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Esta actuación realizarase a través do proxecto PROAMARE cofinanciado polo FEDER nun 75% e pola Deputación de Pontevedra nun 25%. O orzamento previsto para a rehabilitación e mellora de embarcacións tradicionais é de 50.000 euros.

Segundo recollen as bases, a rehabilitación ou mellora terá en conta, en todo caso, a accesibilidade de persoas con discapacidade. Estas axudas promoverán accións tendentes a recuperar o patrimonio marítimo tradicional e a mellorar as manifestacións culturais, así como a xerar beneficios no seu entorno.

Beneficiarios:
Poderán formar parte da selección as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas ou entidades de carácter social, sen ánimo de lucro, que sexan titulares de embarcacións tradicionais.

Os gastos subvencionables comprenderán os traballos de recuperación e rehabilitación en embarcacións tradicionais ou en réplicas de embarcacións tradicionais, para o uso en actividades de promoción turística, social e cultural. Estas bases de selección son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura. Ase mesmo, comprenderá todos aqueles accesorios e equipamento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso nas mencionadas actividades.


As distintas actuacións poderán comprender:

  • Actuación de rehabilitación: tratamento da embarcación, recuperación de determinadas partes da embarcación (proa, popa, etc), montaxe de electricidade, entre outros.
  • Equipamento: baterías, motor, depósitos, aparellos (VHS Dixital, Plotter,…), velas, obenques, quilla, drizas, equipamento de salvamento, entre outros.

Solicitudes e Documentación
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da súa sede de Vigo, de luns a venres ou na páxina web da Deputación: http://www.depo.es.

A concesión da rehabilitación e mellora da embarcación tradicional realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra seleccionará un total de 10 solicitudes como mínimo. As solicitudes presentadas someteranse a un proceso de avaliación e puntuación
As solicitudes irán dirixidas ao Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a venres.  O prazo de presentación de solicitudes de selección, que se acollan a este programa, comezará a contar ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, sendo de 15 días naturais.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: