BASES DOS CAMPAMENTOS “A LANZADA” PARA O ANO 2013

diputacionpontevedraA Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:

• Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
• Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
• Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
• Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
• Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
• Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
• Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
• Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
• Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
• Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
• Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro

A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.
SOLICITUDES

Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.

Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
Impresos

Solicitude e folla de inscrición.

Normas para cubrir os impresos

Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.

Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.

As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.

Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.

Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).
Lugar de presentación das solicitudes e da documentación

As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).

Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.

Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos

Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.

Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.

Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.

Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.

Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.
Prezo

O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).
SedeVigo – Información
Información e Rexistro
Sede de Vigo
Calle Oporto, 3
36201 VIGO – ES

Tlf.:+34 986 804 100

Mail: info.vigo@depo.es

www.depo.es

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: