Concello de Vigo

 

O Concello reabre os pavillóns de Balaídos tras garantirse a seguridade dos usuarios

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da decisión de reabrir os pavillóns situados nos baixos do estadio, tras retirarse 500 quilos de cascotes de formigón que representaban risco de desprendemento. Os técnicos avalan a seguridade do recinto.

 

Urbanismo autoriza o inicio dos trámites para construir 70 vivendas en Samil, o 40% protexidas

O alcalde informou hoxe venres desta decisión, tras a celebración do Consello semanal da Xerencia municipal de Urbanismo. Abel Caballero salientou que «unha das grandes zonas de Vigo», como é este ámbito de Samil, reserve o 40% da nova vivenda para pisos asequibles.

 

O alcalde avanza un «gran plan» de acción para a mocidade con emprego, ocio e vivenda

O rexedor anunciou hoxe venres a «inmiente» presentación dun «gran» plan de actuación integral para a mocidade. Tal e como explicou, incluirá vivenda, emprego, deporte, ocio e cultura, entre outros aspectos.

 


Caballero reitera a implicación do Goberno local co Marco na inauguración da exposición HUM de Massimo Bartolini

Abel Caballero presentou este venres no Marco a «magnífica» exposición Hum, que volve situar a esta cidade na vangarda da cultura internacional. A mostra está comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma.

 


O Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt arranca o 7 de marzo co apoio municipal

O próximo 7 de marzo arranca en Vigo o Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt. Durante catro días distintos espazos municipais albergarán o programa dun certame consolidado na cidade e ao que o Concello apoia con 20.000 euros e a cesión do Auditorio Municipal, a Casa das Artes, o Marco e a Casa de Arines.

 


Volta Galiexpo Motor Show, en abril, grazas ao apoio do Concello e como referente para Galicia e o norte de Portugal

O Concello de Vigo será patrocinador principal do Galiexpo Motor Show, un evento do motor que retorna dous anos despois e que se celebrará no Ifevi do 12 ao 14 de abril.

 

Obradoiro sobre xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto «XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE». O curso, dirixido a todas as persoas interesadas, estará impartido pola psicóloga Rosa Faraldo Rivas. O obxectivo do obradoiro é visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

 

Talleres de avellentamento activo para persoas maiores

A concellería de Política do Benestar organiza talleres de avellentamento activo sobre a risa relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo e pilates.

 

Solicitude actuacións de bandas de música e agrupacións corais

A Concellería de Cultura e Festas informa da apertura do prazo de solicitude para contar coa actuación de bandas de música populares e/ou agrupacións corais, a través dos convenios de colaboración existentes coa Federación de Bandas de Música e con ACOPOVI, respectivamente

 


«Obxectos de poder», charla no Museo Liste

«Obxectos de poder» é o título da charla que impartirá o profesor Carlos Solla o sábado 2 de marzo, ás 18.00 horas na sala de exposición do Museo Liste de Vigo.

 


Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena

O sábado 2 de marzo haberá no Casco Vello unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario