MARCO de Vigo: inauguración exposición HUM. Massimo Bartolini

Miniaturas+Pies foto_HUM_cast_page2_image1

PRESENTACIÓN

HUM, de Massimo Bartolini (Cecina, Italia, 1962) é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma, no contexto dun programa expositivo dedicado á arte sonora. A exposición de Bartolini rende homenaxe ao músico canadense Glenn Gould (1932-1982), e inclúe dúas instalacións sonoras —HUM, e Singing North— construídas a partir de dúas pezas de Gould: as vogalizacións ou tarareos [humming] do músico canadense na súa segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach (1981); e o texto radiofónico The Idea of North (1967), un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— do norte.

No caso de Vigo, a mostra inclúe un novo traballo realizado especificamente para o MARCO: a performance Lettura, que consiste na lectura en voz alta da famosa novela El malogrado, que Thomas Bernhard dedicou a Gould tras a súa morte. O conxunto complétase con Phonology of noise: the voice as sound object, retransmisión dende a web de Radical Matters – Editions/Label series, dunha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta.

DATAS

1 marzo – 19 maio 2013

LUGAR

Salas de exposición do 1º andar

HORARIO

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Pechado os luns

PRODUCIÓN

Fondazione Musica per Roma

 COMISARIA

Anna Cestelli Guidi

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: