UN FORO SOBRE O FUTURO DOS CENTROS DE MAIORES REÚNE MAÑÁ EN SANTIAGO A MÁIS DE 200 PROFESIONAIS DA XERONTOLOXÍA

 Intervirán relatores doutras comunidades autónomas e técnicos de centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Santiago, 1 de marzo de 2013.- Un foro centrado no futuro e os novos retos dos centros de atención a persoas maiores reunirá mañá no Hotel Congreso de Santiago a 220 profesionais do sector. Nesta xornada, relatores doutras comunidades autónomas e técnicos de distintos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reflexionarán sobre os novos deseños, a atención e as posibles melloras nestes servizos.

O foro arrancará ás 10,00 horas coa mesa redonda “Deseño para facer dos centros xerontolóxicos espazos atractivos”. Nela intervirán o director do Instituto de Formación en Gerontología y Servicios Sociales de Madrid (INGESS), Gonzalo Berzosa; unha representante do grupo “Gent Grand” de Cataluña, Mercedes Mas; e o presidente da Federación de Residencias y Servicios de Atención a los Mayores (LARES), José Ignacio Santaolalla.

De 12,00 a 13,30 horas desenvolverase un obradoiro centrado nas melloras dos centros de día. Serán as directoras dos centros de día de Dodro e Cerdedo, así como a directora e a interventora sociocultural de Portas, as que moderarán este debate onde os participantes ofrecerán alternativas e recursos para perfeccionar o servizo que se aporta aos usuarios.

A sesión da tarde iniciarase ás 15,30 horas coa mesa “O prototipo dun centro de día: estrutura e habilidades profesionais”. Nesta ocasión, técnicas dos centros de día de Vigo-Teis, Ribadeo e O Corgo invitarán á reflexión sobre “As claves dun trato humanizado”, “Centro acolledor para relacionarse e vivir” e “O ser, saber e facer do xerontólogo”, respectivamente.

“Orquesta sinfónica ou cadea de montaxe”

A programación da tarde continuará coa proxección do vídeo “Os Centros de Día: un modelo en acción”, seguida ás 17,00 horas das intervencións de dúas técnicas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que falarán sobre “A especificidade da aportación de cada profesional: orquestra sinfónica versus cadea de montaxe” e “Os proxectos comunitarios como a oportunidade dunha ollada ao exterior”.

Por último, a conferencia de clausura deste foro, que correrá a cargo da profesora de Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo Beatriz Legerén, versará sobre “A imaxe de nós que reflexa o espello”.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: