CONCIERTO DE ROBERTO SANCHEZ SABADO 9 MARZO SALA LA IGUANA CLUB VIGO

descarga (1)

O maior representante do reggae nacional visita por primeira vez Galicia

O produtor, cantante e multiinstrumentinsta, Roberto Sánchez, presentará máis de vinte anos de experiencia no reggae xunto á banda galega Zamaramandi, este sábado na sala Iguana. Reggae roots de máxima calidade, como vén amosando dende mediados da década dos noventa. Primeiro como Lone Watti, logo como Loud and Lone e dende 2003 baixo o nome de Lone ARK.

Unha oportunidade única, a que nos ofrece a Asociación Minho Reggae, para poder ver en directo, por primeira vez na nosa Comunidade, ao artista cántabro que é considerado como un dos cantantes e produtores máis importantes do reggae europeo.

Ofrecerá un espectáculo orixinal e inédito, xa que por primeira vez compartirá escenario coa formación de reggae roots Zamaramandi. Uns vellos coñecidos que se volverán a atopar tres anos despois de que os vigueses gravasen nos estudos do artista “A-Lone” Ark Muzik”, en Santander.

O concerto será este sábado, 9 de marzo, ás 22.30 horas na sala Iguana (R/ Churruca,14). O prezo do billete anticipado é de 7 euros, no despacho de billetes 10 euros. As entradas poden mercarse a través de Pay Pal ou nos establecemento: Discos Elepé, Bar Ferry (Viños), Cantina Cantela (Churruca) e no Kaya Grow Shop.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario