GALICIA REXISTROU NO MES DE FEBREIRO UN TOTAL DE 292.823 PERSOAS DESEMPREGADAS

 

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou os datos como negativos ao haber un incremento do desemprego do 0,70 por cento
  • Con todo, precisou que o incremento é menor que o rexistrado na media estatal e que se trata do mellor comportamento dun mes de febreiro desde hai un lustro
  • Na comparativa coas 16 comunidades autónomas nas que sube o desemprego, Galicia é a quinta que rexistra un menor ascenso
  • Por sectores, baixan a agricultura e a pesca, mentres que os servizos rexistran o maior incremento

Santiago, 4 de marzo de 2013.- Galicia rexistrou no mes de febreiro un total de 292.823 persoas desempregadas. Este dato supón un incremento do 0,70 por cento con respecto ao mes anterior, que en termos absolutos son 2.033 parados máis que en xaneiro.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que “estamos ante datos negativos, ao haber un incremento do desemprego”, se ben, explicou, “falamos dun mes de febreiro cun mellor comportamento no último lustro”.

Por outra banda, fixo fincapé na evolución do comportamento interanual do desemprego galego. Este mes o aumento interanual é do 6,61 por cento. Este dato supón que Galicia mellorou en catro puntos o dato que rexistraba no mesmo mes do ano anterior, cando a evolución interanual acadaba o 10,63 por cento.

En comparación co Estado, o comportamento de Galicia é mellor que na media. O incremento do desemprego en España foi do 1,19 por cento, 5 décimas superior ao da comunidade autónoma. Ademais, se se ten conta as 16 comunidades autónomas nas que aumenta o paro, Galicia é a quinta que rexistra unha subida menor.

Por sectores, o paro aumenta en todos eles, agás na agricultura e na pesca (-165). O principal incremento rexístrase no sector servizos (+1.765), seguido pola industria (+337), a construción (+73), e o colectivo en sen emprego anterior (+23).

Por provincias, o paro incrementouse neste mes en todas. Á cabeza situouse A Coruña (+1.067), seguida por Pontevedra (+560), Lugo (+336) e Ourense (+70).

En canto aos contratos, no mes de febreiro rexistráronse en Galicia un total de 40.802, 13.139 contratos menos que no mes anterior. Deste total, 4.397 foron indefinidos (10.78 por cento) e 36.405 temporais (89,22%).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: