O PP DE SALCEDA DE CASELAS ALEGA AO REGULAMENTO DO USO DO CDL DE O TORRÓN

  • Os populares consideran que existen incompatibilidades e carencias no contido dalgúns dos artigos

Salceda de Caselas, 4 de marzo de 2013.- O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de presentar unha serie de alegacións ao regulamento do uso do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón. “Así, analizada a documentación existente no expediente observouse que en determinados artigos hai incompatibilidades e/ou carencias, de aí que trala súa aprobación inicial e publicada no BOP se fixesen as seguintes alegacións”, explica Santiago Rodríguez Davila, portavoz e concelleiro popular.

No que respecta ao horario do centro, os populares sosteñen que “é totalmente incompatible co servizo do viveiro de empresas, pois os emprendedores que alí se instalen terán seguramente un horario máis amplo e non tan axustado”. Neste senso, o PP avoga por que se lle entreguen aos ocupantes do viveiro cadansúa chave de acceso ao centro, sendo sempre eles responsables de todo problema ou dano que poida ocorrer fóra do horario de acceso ás zonas comúns.

Polo que respecta á custodia e garda de chaves, os populares explican que o feito de que o Concello dispoña de chaves de todos os locais do viveiro “vulnera a intimidade e a protección de datos de todas as empresas que alí se instalen” polo que entenden que este artigo debe ser suprimido do regulamento. E relacionado con este punto está o referente á responsabilidade de uso das instalacións, neste sentido o PP sinala que “é lóxico que as empresas contraten o seu propio seguro, pero o que si non é de recibo e que se o Concello ten as chaves de cada un dos locais do viveiro non se faga responsable de ningún tipo de dano ou prexuízo, estamos pois ante unha gran contradición”, asegura Rodríguez Davila.

Por outra parte, en canto ao servizo de limpeza, o PP sostén que “non ten sentido establecer un horario de limpeza no viveiro cando este servizo corre a cargo de cada unha das empresas, polo que é elección de cada empresario decidir a que hora limpa a súa oficina”.

Finalmente, respecto da modificación do contrato, no regulamento contémplase que ante calquera cambio do contrato inicial perderíase o total da fianza polo que os populares propoñen aquí que a perda sexa só do 50%.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: