Carmela Silva, sobre a fachada de O Berbés – Concello de Vigo

Vigo, 6 de marzo de 2013.- Respecto ao anuncio da presidenta do Consorcio Casco Vello,
María Xosé Bravo Bosch, de que se vai realizar una “acción intensa na fachada do Berbés”, a
primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo e Cascos Históricos, Carmela Silva,
que aclarar que o Concello leva un ano pedindo un plan de actuación para o Casco Vello de
Vigo que incluíra como obxectivo prioritario a recuperación da fachada de O Berbés.
Os dous representantes municipais no Consorcio, Santiago Domínguez e David Regades,
veñen reclamando esta actuación hai máis de 12 meses. Un ano despois, valoramos que
exista un compromiso do Consorcio prantexado ante un colectivo veciñal, pero o que é
necesario é un calendario pechado de traballos que esperamos se presente na próxima
reunión do Consorcio. Estamos diante dun anuncio, que non fixa nin orzamentos nin prazos
de execución e lembramos que só son válidos os compromisos que se traducen en
orzamentos e proxectos concretos.
Hai que preguntarse tamén por que non se levou a cabo esta actuación na fachada do
Berbés hai un ano, cando llo reclamaron os representantes municipais no Consorcio. En
calquera caso, felicitámonos por ter sido capaces de convencer á presidenta deste organismo
da necesidade de actuar na fachada de O Berbés xa que o Concello de Vigo é o primeiro
impulsor desta iniciativa.
Carmela Silva
Primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: