CCVV traslada aos veciños do Casco Vello a súa intención de comezar a recuperación da fachada do Berbés a inicios do 2014

descarga

A presidenta e o vicepresidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch e Santiago Domínguez Olveira, mantiveron hoxe un encontro cos representantes do colectivo veciñal do barrio histórico, que eloxiaron a recuperación da zona vella liderada polo organismo.

  • Tras o remate da maior parte das obras iniciadas na parte alta do Casco Vello, o CCVV iniciará os trámites para rehabilitar a fachada do Berbés, co que se pode dicir que cando remate a vixencia do convenio do CCVV, en 2017, o cambio da zona vella será xa moi importante.
  • A reunión celebrada na Delegación Territorial da Xunta serviu tamén para que a Asociación Veciñal do Casco Vello coñecese a oferta actual dos 12 locais comerciais rehabilitados polo organismo e sitos nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián con superficies que oscilan entre 98,80 m2 e 28,06 m2.
  • No encontro tamén falaron dos preparativos para a Festa da Reconquista, que dende o ano pasado conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

Vigo, 06 de marzo  de 2013.- A presidenta e o vicepresidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch e Santiago Domínguez Olveira, respectivamente, mantiveron está mañá un encontro cos responsables da Asociación de Veciños do Casco Vello para abordar diversos asuntos relacionados coa vida e a recuperación do barrio histórico. Entre eles, trasladáronlles a súa intención de  comezar cos trámites para rehabilitar a fachada do Berbés a comezos do vindeiro ano 2014.

Durante a reunión celebrada na Delegación Territorial de Vigo, os responsables do colectivo veciñal eloxiaron a labor de rehabilitación que segue a levar a cabo o organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello- e congratuláronse de que a rehabilitación da zona do Berbés sexa xa unha realidade.

E é que o CCVV ten previsto deixar practicamente rematada a rehabilitación da parte alta do barrio este ano, no entorno do Castelo de San Sebastián, coa intención de comezar con outra das zonas máis emblemáticas da nosa cidade. A idea é que en 2017, data na que remata o actual convenio de creación do organismo, poida estar recuperada a maior parte do Casco Vello. “O Berbés merece un interese especial  porque é a fachada da nosa cidade. Imos actuar con moita cautela e intensamente”, asegurou Bravo Bosch, ao tempo que Domínguez Olveira corroborou o compromiso de que o vindeiro ano a rehabilitación de dita zona poida comezar.

Locais comerciais

Tanto Bravo Bosch coma Domínguez Olveira informaron tamén aos veciños das vantaxes da oferta dos 12 locais comerciais nos baixos dos inmobles rehabilitados polo organismo nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián. As súas superficies oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2 e os prezos de aluguer, segundo os valores de taxación e en función da superficie de cada un deles, van entre os 500 e os 150 euros ao mes.

Os emprendedores interesados deben presentar proxectos empresariais acordes coa filosofía de rehabilitación do CCVV e sempre co fin de preservar a convivencia cidadá. Ademais beneficiaranse, durante os dos primeiros anos de arrendamento, dunha bonificación do 50% do seu importe. A maiores, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial.

Neste sentido, a Asociación de Veciños trasladoulle a solicitude para contar cun destes locais ubicados nos baixos dos inmobles do CCVV para uso do seu colectivo, petición que será estudada a medio prazo polo organismo. “Imos intentar dar resposta a súa petición”,  avanzou a presidenta do organismo.

Festa da Reconquista

Por último, outro dos asuntos que abordaron foi a vindeira celebración da Festa da Reconquista que, dende o ano pasado, conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego, o que –ao ser este ano o primeiro que se celebra con esta declaración- lle permitirá acadar maior éxito e renome. Precisamente, o presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello animou aos vigueses a participar na festa.

Novas obras no entorno do Castelo de San Sebastián

Ademais, tamén informaron de que no último Consello de Administración se adxudicou por 1,2 millóns de euros a rehabilitación dunha nova obra, que se trata de 4 novos inmobles en Subida ao Castelo 5-7 e San Sebastián 4-6, o que dará lugar a 10 novas vivendas e 2 locais comerciais máis. Esta actuación ven a rematar o cuarteirón conformada por Hortas 10-12 e San Sebastián 8-10-12 xunto á urbanización interior con patio axardinado que xa está rematada e que, en total, supón un investimento superior aos 3 millóns de euros. Adxudicada á UTE Xestión Ambiental e Geotecnia e Cimientos SA, as obras está previsto que comecen dentro de 15 ou 20 días e teñen un prazo de execución de 15 meses.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: