Da RISGA á Renda Básica das Iguais». Obradoiro de ferramentas para a transformacion social.

Día: Sábado 9 de marzo

Hora: 11h00 a 13h30
Lugar
: parroquia do «Cristo da Victoria» (rúa Baiona 9, Coia – Vigo)

Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita. E non dende a miseria de parchear situacións de exclusión que só logran tapar a realidade de desigualdade e inxustiza que provoca o sistema capitalista.

Na mañá teremos dous momentos de reflexión en común:

1º Análise da desprotección social, partindo da RISGA. Dinamizado por María Martínez, traballadora social e por Ana Belén Méndez, profesora do Grao de Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

2º Ferramentas e estratexias para a transformación social: RBis, puntos de información, apoio mutuo, desobediencia, comunicación crítica… Dinamizado por Manolo S. Bayona de Baladre.

Organizan:

ODS-Coia (Oficina Dereitos Sociais – Coia) – odscoia.arkipelagos.net

G.A.S. (Grupo Axitación Social) – grupodeaxitacionsocial.blogspot.com
Baladre (Coordinación de loitas contra o empobrecemento, a exclusión e a precariedade) – coordinacionbaladre.org

E por se queredes pasar a fin de semana en Coia a comunidade cristiá do Cristo da Victoria organiza:

CHARLAS DE CORESMA con MIREN ETXEZARRETA: “COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ? PODEMOS SAÍR DESTA?”

No salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9) o VENRES 8 ás 21h00 e o SÁBADO 9 de marzo ás 17h00.

A comunidade cristiá do Cristo da Victoria organiza este venres e sábado as charlas de Coresma, e desta banda estará con nós para iluminarnos e axudarnos na reflexión Miren Etxezarreta. Baixo este título: “Como chegamos ata aquí? Podemos saír desta? (crítica da razón capitalista)” Miren tratará de explicar as causas económicas deste capitalismo que nos afoga e as posibles saídas a esta situación.

Miren Etxezarreta e catedrática emérita en enconomía aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona e integrante do Seminari d’Economia Critica Taifa.

Serán no salón de actos o venres 8 ás 21h00 e o sábado 9 de marzo ás 17h00.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: