41 ALUMNOS E ALUMNAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO REALIZAN PRÁCTICAS NA XUNTA NO MARCO DUN CONVENIO DE COOPERACIÓN EDUCATIVA

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita Grandal, mantiveron un encontro cos estudantes que a día de hoxe xa están incorporados nos 8 servizos da Consellería de Traballo e Benestar da Delegación da Xunta en Vigo.
  • O obxecto do convenio é articular a colaboración da Consellería de Traballo e Benestar coa Universidade de Vigo, na realización de prácticas académicas externas do seu alumnado, para facilitar a preparación para o exercizo profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais.
  • Trátase de participar na promoción do desenvolvemento profesional e acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

Vigo, 07 de marzo de 2013.- Un total de 41 alumnos e alumnas da Universidade de Vigo, concretamente dos graos de Relacións Laborais e Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, están a realizar prácticas na Administración autonómica tras a firma dun convenio de cooperación educativa rubricado entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita Grandal, mantiveron un encontro cos alumnos e alumnos que xa están a realizar as prácticas dende o pasado mes de xaneiro –data na que entrou en vigor o convenio-. As prácticas desenvólvense por períodos bimensuais e neste momento xa están incorporados á súa realización 17 alumnos e alumnas que están a desenvolver o seu traballo no ámbito dos 8 servizos que a Consellería de Traballo e Benestar ten na Delegación viguesa.

Coma explicou Bravo Bosch, o obxecto do convenio é articular a colaboración da Consellería que dirixe Beatriz Mato coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do seu alumnado, e sempre coa finalidade de facilitar a preparación para o exercizo profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais relacionadas cos seus estudos cursados na Universidade de Vigo. En definitiva, trátase de participar na promoción do desenvolvemento profesional e acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

Neste senso, as prácticas formativas desenvólvense por períodos bimensuais e o horario destas procura en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos do alumnado e da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Dito convenio estará vixente ata o remate do curso académico 2012-2013. Así mesmo, poderá ser obxecto de prórroga por outro curso máis.

Os 41 alumnos e alumnas en formación -20 do grao en Relacións Laborais e 21 do grao en Dereito- efectúan as prácticas distribuidos nos 8 servizos da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar co fin de que adquiran experiencia e formación nos principais asuntos que xestiona cada servizo. Deste xeito, no período de realización das prácticas, os estudantes universitarios poden acadar unha visión e coñecemento básico das principais funcións do traballo administrativo e de xestión no eido das competencias da Consellería de Traballo e Benestar en materias tan diversas como as xurídico-administrativas, xestión de persoal, xestión económica e orzamentaria, subvencións, prestacións, dereito de familia e menores, regulación de emprego ou dependencia, entre outras.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: