BNG de Vigo

descarga (1)

Iolanda Veloso insta ao goberno local a tomar medidas globais para solucionar o problema de aparcamento en Vigo  

Vigo, 3 de marzo de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o concelleiro Santi Domínguez mantiveron este xoves unha reunión con representantes dos traballadores da XER. Segundo explicou a nacionalista, os traballadores concordan coa postura xa manifestada polo BNG de oposición á eliminación da rotación, ao considerala unha medida meramente recadatoria lonxe de solucionar o problema da mobilidade.

“O BNG insta ao goberno municipal a que tome medidas globais para solucionar o problema do aparcamento na cidade, e non medidas puntuais e anecdóticas”, salientou a portavoz municipal nacionalista, ao tempo que asegurou que existen alternativas diferentes que pode tomar o goberno, como é a negociación coas concesionarias dos aparcamentos públicos, “igual que se fai noutros casos”, puntualizou.

Segundo explicou Iolanda Veloso tras a xuntanza, os traballadores da XER amosaron o seu total acordo coa posición do BNG e sinalaron a existencia de diversos problemas no servizo, como de control das rotacións e de incumprimento do prego de condicións.

O BNG expresa o seu apoio ás reivindicacións dos afectados de Bautista e reclama que se axilice o proceso

Vigo, 7 de marzo de 2013.- Tras a xuntanza mantida co representante das persoas e comunidades de propietarios afectadas pola estafa de Bautista Administradores, a portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, expresou o apoio do BNG ás reivindicacións deste colectivo. Manifestou asemade a necesidade de que se axilice o proceso para solucionar o problema.

“Entendemos que estas persoas precisan o apoio de toda a cidadanía”, salientou Iolanda Veloso, quen recolleu a demanda do colectivo para que no pleno se aprobe  “unha moción conxunta instando ás administracións que poidan estar implicadas na tramitación xurídica para que se axilice o proceso”.

A portavoz municipal do BNG explicou que o representante dos afectados trasladou que son moitas as persoas e comunidades afectadas na estafa polo administrador, deixándoos endebedados. “Apoiamos todos os actos públicos que convoque este colectivo”, sinalou a nacionalista.

Ademais, os traballadores amosaron a súa preocupación polo mantemento dos postos de traballo no caso de que se elimine a rotación, tendo en conta que o convenio colectivo remata o vindeiro ano. “Transmitímoslles que o BNG defende sempre as condicións laborais dos traballadores e traballadoras das concesións municipais”, destacou a nacionalista ao respecto.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: