Archive | marzo 9, 2013

Concello de Vigo


O Pleno polo 8 de Marzo expuxo a situación das mulleres en nove temas de interese e actualidade

A sesión plenaria polo Día Internacional das Mulleres contou este venres coa benvida do alcalde, Abel Caballero, e a presidencia da edil de Igualdade, Isaura Abelairas, entre outros corporativos. Nove colectivos do Consello municipal da Muller plantexaron distintos temas de interese para a muller.

 


O goberno local ultima o Plan de Protección do Monte da Mina que permitirá ampliar as instalacións de Aspanaex

Abel Caballero informou este venres do acordo adoptado na Xerencia de Urbanismo, a ratificar pola Xunta de Goberno, que protexe o entorno natural e patrimonial do Monte da Mina, e fai posible ampliar as instalacións de Aspanaex. O alcalde e responsable de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron hoxe o centro.

 

O Concello elabora unha ordenanza para axilizar e acurtar prazos na concesión de licenzas urbanísticas

Abel Caballero informou que a Xerencia de Urbanismo acordou este venres elevar ao Pleno a eventual aprobación inicial desta nova ordenanza, que ten como obxectivo ser máis eficaz e acurtar os prazos na concesión das licenzas de obra e actividade.

 

O Concello pon en marcha o Vigo Emprega, que xerará 210 postos de traballo este ano

210 persoas traballarán este ano durante seis meses ao amparo do programa de emprego municipal Vigo Emprega. Así o explicou o alcalde hoxe venres, logo da Xunta de Goberno local na que se aprobaron as bases deste plan, dotado cun 1,5 millóns de euros, para atender a persoas con especiais dificultades de inserción laboral.

 

O goberno local extrema a transparencia nas obras contratadas a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia

O goberno local ven de aprobar unhas normas nas que se aglutinan o protocolo que debe seguir Aqualia na adxudicación das obras do Plan de Investimentos, dotado con 20 millóns de euros. Trátase, dixo o rexedor, de que a concesionaria contrate coa mesma transperencia que se fora unha administración pública.

 

O goberno de Vigo aproba o proxecto para liberar e revalorizar a muralla do Castro

O alcalde informou hoxe venres da decisión municipal de aprobar o proxecto para derrubar o antigo restaurante “El Castillo”, no Monte do Castro, para liberar e revalorizar a fortaleza. No exterior, o Concello procederá ao axardinamento dos espazos hoxe ocupados polo establecemento de hostalería.

 


Actividades con motivodo Día Internacional das Mulleres

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller informa das actividades que terán lugar este sábado, día 9 de marzo, que organizan con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

“A SEMANA DO TEU COMERCIO” DESTACA O PAPEL DO CCA MOREA DO PORRIÑO COMO DINAMIZADOR DO COMERCIO DE PROXIMIDADE

  • O Centro Comercial Aberto centra esta semana a campaña coa que Economía e Industria pon en valor o papel destas asociacións no impulso ao sector
  • A xoiería Lorenzo, con preto de 120 anos de actividade, recibiu un diploma en recoñecemento á súa traxectoria, que se recolle no enderezo http://portaldocomerciante.blogspot.com

 

Presentación del Manual de Climatización Geotérmica – ACLUXEGA

image008

La Asociación Clúster da Xeotermia Galega – ACLUXEGA, celebrará la presentación oficial del Manual de Climatización Geotérmica, el próximo miércoles día 20 de marzo, a las 19,30 horas.

El acto tendrá lugar en la Sala de Conferencias del Consorcio de la Zona Franca de Vigo (Peirao de Bouzas s/n). Leer Más…

Comunicado de prensa da Presidenta do Consello Municipal da Muller, Isaura Abelairas.

Vigo, 8 de marzo de 2013.- Respecto das declaracións realizadas hoxe pola concelleira do
BNG e membro do Consello Municipal da Muller, Iolanda Veloso, sobre a súa ausencia no
pleno celebrado pola conmemoración do 8 de marzo, a presidenta do Consello, Isaura
Abelairas, quere deixar claro que este organismo adoptou un acordo no mes de febreiro con
respecto a esta conmemoración. En virtude do mesmo acordouse que terían voz neste pleno
as asociacións e colectivos de mulleres, puntualizando que as concelleiras dos distintos
partidos políticos representados no organismo municipal xa teñen foros ao longo de todo o
ano para facer patentes as súas vindicacións.
A presidenta incidiu tamén en que na última reunión do Consello de Muller quedou claro, por
parte das 23 asociacións de mulleres representadas no mesmo, manter o acordo adoptado
no anterior consello.
A presidenta do Consello lamentou que nun día tan importante como é o Día Internacional
das Mulleres e nun momento coma o actual, no que os dereitos das mulleres están a ser
cercenados, unha representante do Consello tente crear unha polémica coma esta.
Isaura Abelairas
Presidenta do Consello Municipal da Muller

Valença Exposição “Fauna e Flora da Eurocidade e animais exóticos” – Portugal

descarga

“Fauna e Flora da Eurocidade e animais exóticos” é o tema da exposição patente ao público no Núcleo Museológico de Valença, até  4 de Maio e que apresenta a riqueza e diversidade da natureza desta região ribeirinha.

Arbustos, árvores, anfíbios, repteis e peixes vivos, fosseis e insetos, mostra fotográfica / interpretativa do Biótipo da Veiga da Mira, painéis temáticos e um mini laboratório de observação de espécies pretendem dar a conhecer, durante dois meses, a riqueza da natureza da Eurocidade e do Vale do Minho galaico-português. Leer Más…

TALLER DE MODA ECOLÓGICA ECOLÓGICO

cartel van fff_tejidoecológico

HAZ TU PRIMERA PRENDA ECO

Taller de moda ecológica con Marujita Alegre 

Marujita: http://marujitaalegre.com/
Fabrics: http://www.fabricsforfreedom.com/

Van: http://www.vandivulgacion.com/

La fundación de tejido ecológico Fabrics For Freedom ha desembarcado en Vigo en colaboración con la firma de gestión cultural Van Divulgación y la marca Marujita Alegre para iniciar la labor de introducir la ecología en el sector de la moda a través de talleres para aficionados. Leer Más…

LOUZÁN ENTREGOU OS DISTINTIVOS DE CALIDADE TURÍSTICA EN DESTIÑOS A 135 EMPRESAS E ENTIDADES DE PONTEVEDRA

diputacionpontevedraO  presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou hoxe, na Pousada de A Lanzada, os Diplomas de Calidade Turística en Destiños (SICTED) a 135 empresas da provincia que acadaron o galardón.

O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) é un proxecto promovido por TURESPAÑA e a FEMP que ten por obxecto promover a calidade dos destinos. A Deputación a través do servizo de Turismo participa na iniciativa dende o ano 2005.

Perante o ano 2012 realizouse a sétima fase do Plan de Calidade con empresas da Provincia. Actuacións realizadas:

  • Adherir ó proxecto a 45 novas empresas do destino.
  • Seguir dando asistencia técnica ás 123 distinguidas anos anteriores.
  • Xornadas de formación para mellorar a competitividade das empresas
  • Xornadas de formación en marketing turístico e novas tecnoloxías para empresas turísticas
  • Visitas individualizadas de asesoramento técnico a cada unha das empresas, para diagnosticar e implantar melloras na organización Leer Más…

TALLER DE MEMORIA PARA PARA A TERCEIRA IDADE

descarga  Comenzo do 2ª taller de recuperación de memoria organizado pola Concellería de Benestar

 

Deu comenzo o novo taller de recuperación de memoria para a terceira idade. Nesta ocasión 30 veciños e veciñas, maiores de 60 anos, serán as que reciban estas clases, en dous grupos de 15 persoas.

Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida.

Obradoiros e talleres para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas, bailes, e como non podía ser doutra maneira convivir, este último un aspecto a ter en conta e moi importante desta actividade.

As actividades levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio e as persoas no Centro Social de A Devesa.

Algúns dos asistentes, xa foron usuarios desta actividade na edicción do ano 2012.

A concellería de Benestar Social quere agradecer a colaboración económica de da oficina de La Caixa de Salceda, por segundo ano consecutivo.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, “este tipo de actividades son necesarias para fomentar as relacións sociais, ademáis de proporcionarlles calidade de vida aos nosos maiores e despois da experiencia do ano pasado e dos resultados obtidos, estamos convencidos que temos que seguir proporcionándolle os recursos que cubran as súas necesidades”

 

 

 

TRABALLO E BENESTAR INVESTIRÁ PRETO DE 170 MILLÓNS DE EUROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA EN 2013, UN 5% MÁIS QUE O ANO PASADO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou hoxe en rolda de prensa as contas para 2013 deste departamento para a provincia de Pontevedra
  • O concello de Vigo recibirá un de cada dous euros do orzamento da provincia en materia de formación, e máis dun de cada catro en plans de cooperación, obradoiros, plans integrados de emprego e orientación
  • Xa hai planificadas na provincia 634 novas prazas de escolas infantís que empezarán a executarse en 2013, das que 176 estarán rematadas este ano
  • A dependencia contará cun orzamento de 30 millóns de euros para a provincia e de 6 millóns aproximadamente no concello de Vigo
  • A provincia disporá dun investimento de 15 millóns de euros para formación de ocupados e desempregados, isto é, un de cada tres euros do total da comunidade autónoma
  • Ademais, en 2013 os concellos da provincia terán á súa disposición máis de 12,8 millóns de euros en programas en materia laboral que se desenvolven en colaboración coas corporacións locais
  • A Consellería ten posto en marcha tamén o programa Empreganav, dotado con 2,1 millóns de euros, para recolocar a 450 traballadores do naval.

Actividades Novacaixagalicia

novacaixagaliciaNovacaixagalicia presenta a Real Filharmonía de Galicia en Vigo baixo a dirección de Christoph König

presenta en Vigo a Real Filharmonía de Galicia que estará dirixida polo director titular da Orquestra Sinfónica de Porto – Casa da Música, Christoph König, e acompañada por Lawrence Power na viola. A cita será no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo o día 13 ás 20.30 h. As entradas para o evento están á venda a través das canles habituais da entidade, tanto a través dewww.servinova.com, como da súa billeteira telefónica no 902 504 500. O repertorio que interpretará a prestixiosa agrupación galega será o seguinte: Concerto para viola en do menor, op 25, Allegro assai, Andante cantábile, Allegro scherzando, de Edwin York Bowen, a Sinfonía nº 6 en re maior, op. 60, Allegro non tanto, Adagio, Scherzo, Presto e Finale allegro con spirito de Antonín Dvorák. Leer Más…