Actividades Novacaixagalicia

novacaixagaliciaNovacaixagalicia presenta a Real Filharmonía de Galicia en Vigo baixo a dirección de Christoph König

presenta en Vigo a Real Filharmonía de Galicia que estará dirixida polo director titular da Orquestra Sinfónica de Porto – Casa da Música, Christoph König, e acompañada por Lawrence Power na viola. A cita será no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo o día 13 ás 20.30 h. As entradas para o evento están á venda a través das canles habituais da entidade, tanto a través dewww.servinova.com, como da súa billeteira telefónica no 902 504 500. O repertorio que interpretará a prestixiosa agrupación galega será o seguinte: Concerto para viola en do menor, op 25, Allegro assai, Andante cantábile, Allegro scherzando, de Edwin York Bowen, a Sinfonía nº 6 en re maior, op. 60, Allegro non tanto, Adagio, Scherzo, Presto e Finale allegro con spirito de Antonín Dvorák.

Novacaixagalicia trae a Vigo a Nuria Espert e a Gerardo Vera

acollerá a vindeira semana no teatro do seu Centro Cultural de Vigo a obra dramática A loba, baseada na novela de Lillian Hellman,Little foxes, que, coa adaptación de Ernesto Caballero, estará dirixida por Gerardo Vera e interpretada por Nuria Espert e Héctor Colomé. A representación celebrárase o vindeiro 16 de marzo, sábado, ás 20.30 horas. As entradas para o evento están á venda a través das canles habituais da entidade, tanto a través de www.servinova.com, como da súa billeteira telefónica no 902 504 500.

Novacaixagalicia convoca o ciclo de cine «Nos vieiros da mente»

Despois da excelente acollida en 2012 do ciclo de cine «Nos vieiros da mente» Novacaixagalicia volve a convocar unha nova edición que terá como punto de partida as cidades da Coruña e Pontevedra, cuxa estrea será o vindeiro 11 de marzo cos filmes Unha mente marabillosa e Wildbur quérese suicidar, respectivamente.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: