Comunicado de prensa da Presidenta do Consello Municipal da Muller, Isaura Abelairas.

Vigo, 8 de marzo de 2013.- Respecto das declaracións realizadas hoxe pola concelleira do
BNG e membro do Consello Municipal da Muller, Iolanda Veloso, sobre a súa ausencia no
pleno celebrado pola conmemoración do 8 de marzo, a presidenta do Consello, Isaura
Abelairas, quere deixar claro que este organismo adoptou un acordo no mes de febreiro con
respecto a esta conmemoración. En virtude do mesmo acordouse que terían voz neste pleno
as asociacións e colectivos de mulleres, puntualizando que as concelleiras dos distintos
partidos políticos representados no organismo municipal xa teñen foros ao longo de todo o
ano para facer patentes as súas vindicacións.
A presidenta incidiu tamén en que na última reunión do Consello de Muller quedou claro, por
parte das 23 asociacións de mulleres representadas no mesmo, manter o acordo adoptado
no anterior consello.
A presidenta do Consello lamentou que nun día tan importante como é o Día Internacional
das Mulleres e nun momento coma o actual, no que os dereitos das mulleres están a ser
cercenados, unha representante do Consello tente crear unha polémica coma esta.
Isaura Abelairas
Presidenta do Consello Municipal da Muller

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: