A AMTEGA IMPLANTARÁ UNHA SOLUCIÓN DE SOFTWARE LIBRE PARA FACILITAR O ACCESO DE TODAS AS AULAS CEMIT AO SISTEMA DE VIDEOCONFERENCIA

  • O 35 centros sen equipamento específico de videoconferencia poderán seguir as clases a través dese sistema instalando esta solución nos seus ordenadores
  • Trátase da nova versión do software Ekiga, que incorpora melloras impulsadas pola  Axencia para a Modernización Tecnolóxica en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre

Santiago, 10 de marzo de 2013.- As 35 aulas da Rede CeMIT sen equipo de videoconferencia poderán acceder aos cursos e actividades que se realizan a través deste sistema grazas á implantación nos seus ordenadores da nova versión do software de videoconferencia libre Ekiga, na que colaborou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Esta solución implantarase progresivamente durante o 2013, de xeito que, para acceder ao sistema de videoconferencia, simplemente será preciso que o ordenador das aulas estea conectado ao proxector e teña instalado o software Ekiga, unha webcam e uns altofalantes.

Para adecuar este software ás necesidades docentes das aulas, a Amtega, contou coa colaboración de AGASOL, que a través da empresa Igalia, desenvolveu novas funcionalidades de Ekiga.

 

O traballo desenvolvido por AGASOL para a Amtega consistiu en posibilitar que o software Ekiga puidese  transmitir os datos multimedia de forma simultánea co vídeo remoto. Grazas a esta funcionalidade, os alumnos poderán ver no seu ordenador de xeito simultáneo tanto a imaxe do escritorio do PC do docente como a imaxe dese profesor que está a impartir a actividade desde outra aula.

As modificacións incorporadas no código fonte que se despregará nas aulas CeMIT pódese consultar no git do proxecto aloxado no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia baixo a licenza GPL que segue o proxecto.

O proxecto Ekiga está dispoñible en galego grazas a labor dos voluntarios do Proxecto Trasno, unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a traducir software libre ao galego desde o ano 2000.

Software libre nas aulas CeMIT

Cómpre destacar que os 1.300 ordenadores da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) teñen instalado o sistema operativo libre. A rede conta con 98 aulas, presentes en 92 concellos nos que reciben formación gratuíta en novas tecnoloxías  máis de 21.000 usuarios.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: