A programación cultural da Universidade de Vigo aposta pola variedade e trae por primeira vez unha banda de rap

  • descarga (2)  A Mostra Internacional de Teatro Universitario intercala o escenario universitario co Auditorio Municipal do Concello
  • O Sonora13 combina a proposta local de Wild Balbina coa do catalán Nacho Umbert

Vigo, 11 de marzo de 2013.- A programación cultural organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo segue a apostar por propostas novidosas e arriscadas pero cheas de calidade e trae, por primeira vez, unha banda de rap, ao Teatro Roberto Vidal Bolaño do Campus de Vigo. Toteking & Shotta actuarán o vindeiro mércores, 13 de marzo e encherán o escenario universitario de rimas aceiradas e mensaxes con miolo. Considerados pola crítica como un dos mellores traballos de hip-hop do ano pasado, estes dous irmáns chegan co seu novo traballo: Héroe. Dez anos separa este disco daquel Tu madre es una foca. Durante ese tempo transcorrido Tote afianzouse no olimpo dos MCs máis populares en España.

A seguinte actuación musical da programación será a de Moxenas Musical Galego, o 18 de abril. Trátase dunha orquestra folk galega composta por un trintena de mozos entre os 14 e os 23 anos. Naceu como homenaxe ao mítico gaiteiro de Sárdoma Nazario González “Moxenas” polo seu labor de formación na música tradicional galega entre os rapaces e as rapazas de distintas entidades e movementos veciñais de Vigo e bisbarra.

 

Xa o 25 de abril, tocaralle a quenda a un clásico na programación. O Festival Sonora13 pretende ofrecerlles aos estudantes bandas de calidade afastadas dos circuítos máis comerciais e, xa que logo, máis difíciles de conseguiren ver en directo. A aposta local do ciclo deste ano é Wild Balbina,  unha banda viguesa que naceu grazas á enerxía de Antía Figueiras e Marta González. A súa música chea de emoción e forza lémbranos a Talulah Gosh, Black Lips ou Riot Grrrl.

 

O catalán Nacho Umbert será a estrela deste Sonora. A cabalo entre o pop e bossa nova Umbert é un contador de historias. As súas cancións rebordan costumismo máxico con textos cheos de surrealismo sobre personaxes máis ben terreais pero inesquecibles. Presenta no Teatro Vidal Bolaño da Universidade o seu segundo traballo en solitario, No os creáis ni la mitad, logo de formar parte de Paperhouse.

Teatro

No apartado de teatro a programación centra a súa oferta deste cuadrimestre na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) que cada ano dá a oportunidade de subiren ás táboas ás formacións teatrais universitarias dos cinco continentes. Nesta XV edición as propostas teatrais terán, como xa ocorreu o ano pasado, dous escenarios: o Teatro Roberto Vidal Bolaño do Campus de Vigo o 20 marzo e o 10 e 24 de abril, e o Auditorio Municipal da cidade que contará con representacións diarias o 16, 17 e 18 de abril.

ral mapoiar TAmçen no No eido

A programación cultural da Universidade de Vigo deséñase procurando a maior variedade e tendo en conta os intereses dos estudantes e dándolles tamén espazo  a grupos locais. A entrada a todas as actuacións e obras teatrais son libres ata completar aforamento.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: