Iolanda Veloso subliña que a devolución da Medalla da Cidade por parte de Gayoso é a “conclusión lóxica” do acordo plenario

descarga  Vigo, 11 de marzo de 2013.-  A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta aos medios, destacou que a devolución da Medalla da Cidade por parte de Fernández Gayoso é a “conclusión lóxica” do pleno celebrado o pasado 25 de febreiro, no que a proposta do Bloque aprobouse retirarlle esta distinción. “Deste xeito recoñece que ten que responder ás demandas da cidadanía”, manifestou a nacionalista.

“Agardamos que este feito se repita no futuro e Gayoso asuma as súas responsabilidades polas decicións que tomou en prexuizo da cidadanía”, salientou Iolanda Veloso tras manifestar que o grupo municipal do BNG non ten aínda comunicación oficial desta devolución.

Segundo explicou a portavoz municipal nacionalista, como persoa imputada, Fernández Gayoso deberá asumir responsabilidades no seu momento, “algo que non fixo na súa comparecencia no Congreso”, onde asegurou non ser responsable de nada do acontecido en Caixanova e Novacaixagalicia desde 2006.

Pola contra, para Iolanda Veloso, Gayoso deberá recoñecer que estaba ao fronte de Caixanova e da caixa fusionada e polo tanto “máximo responsable da emisión das preferentes, posible responsable dos desafiuzamentos que se produzan e da posible perda da obra social”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: