CARMELA SILVA ASEGURA QUE SE SEGUIRÁN REDUCINDO OS TEMPOS DE CONCESIÓN DE LICENZAS DE ACTIVIDADE

descarga (3)

A tenente de alcalde trasladou aos responsables de APEC os pasos dados na
materia
 O goberno local tramita unha nova ordenanza para gañar eficiencia e
acurtar prazos de concesión dos permisos de actividade e de obra
 A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o presidente da Asociación de
Construtores, José Luis Campos, aseguran “cooperación” entre as partes
Vigo, 12 de marzo de 2013.– O Concello de Vigo e a Asociación Provincial de Empresarios
da Construción (APEC) traballarán conxuntamente para avanzar no obxectivo común de
continuar reducindo os tempos de concesión de licenzas urbanísticas de actividade. Así o
ratificaron nunha xuntanza celebrada hai uns días entre a tenente de alcalde e concelleira de
Urbanismo, Carmela Silva, e os responsables de APEC, encabezados polo seu presidente,
José Luis Campos. A finalidade da xuntaza foi estudar as posibilidades de seguir acelerando
o proceso de concesión dos permisos de actividade, para o que as partes acordaron manter
un intercambio de opinións continuo.
Concello e APEC queren dar máis pasos e afondar na eficiencia e axilidade á hora de outorgar
os permisos urbanísticos, máis se cabe nestes momentos de crise económica e elevado
desemprego no sector. Neste sentido, tanto o goberno de Vigo como os construtores -que
coinciden na mellora experimentada nos últimos anos- establecerán unha cooperación e
interlocución continua que permita progresar incluso no curto prazo.
Ambas representacións colaborarán por tanto para emprender cantas modificacións sexan
necesarias para dar resposta ás demandas dos colectivos empresariais afectados e potenciar
a implantación de actividades na cidade.
Prazos máis rápidos
Silva informou ao colectivo das medidas adoptadas ata o momento para mellorar os
procedementos administrativos e explicou aos directivos que Urbanismo ven de elaborar
unha nova ordenanza que simplifica e axiliza os trámites para solicitar unha licenza de obra
e/ou actividade e, polo tanto, acurtará os prazos de concesión da mesma. Esta normativa
está xa redactada e será debatida polo Pleno da Corporación para a súa aprobación inicial.
O texto clarifica e especifica nun único impreso a documentación a achegar polo interesado
para cada tipo de obra ou actividade das que se poden solicitar. A nova regulación permitirá
axilizar o procedemento administrativo, reducir a emisión de notificacións intermedias e, en
consecuencia, acurtar os prazos e gañar en eficacia. Ademais, a ordenanza adecúa o
procedemento municipal aos últimos cambios normativos incorporados polas administracións
autonómica, estatal e europea.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: