Archivo | marzo 14, 2013

Taller de fotografía de moda. ¡Nueva fecha!

taller_iluminacion_moda1

¡AMPLIACIÓN DEL PLAZO DE INSCRIPCIÓN! El taller de fotografía de moda se aplaza, la nueva fecha en la que se impartirá será el SÁBADO 13 DE ABRIL. No os lo perdáis.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN! O taller de fotografía de moda aprázase, a nova data na que se impartirá será o SÁBADO 13 DE ABRIL. Non volo perdades.

“Na Defensa das Persoas, contra a Unión Europea do Capital”

O 15 de marzo remata en Bruxelas a primeira fase do Semestre Europeo 2013.Nestes encontros avalíase a aplicación das medidas acordadas e o axuste dos estados aos programas de Estabilidade e Converxencia impostos; e o máis importante, coordínanse as políticas económicas, orzamentarias e de emprego dos estados membros para os seguintes seis meses.

Pero fronte ás súas avaliacións e estratexias, nós temos as nosas.

Non esquecemos que o novo nome de Unión Europea responde a unha realidade nacida no ano 1957 como “Comunidade Económica Europea”. Leer Más…

Desporto da Eurocidade Valença Tui reconhecid​o pela Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia reconheceu a dinâmica da Eurocidade Valença Tui, com a atribuição do Prémio do Desporto Galego 2012, no âmbito do programa Galicia Saudable.

O reconhecimento valoriza o carácter pioneiro da cooperação transfronteiriça, desenvolvida pelas cidades de Valença e Tui, com o objetivo de melhorar a saúde dos seus cidadãos,  através da promoção da prática da atividade física.

A Eurocidade desenvolveu, ao longo de 2012,  13 programas específicos para a promoção da prática da atividade física e desportiva. Leer Más…

Concello de vigo


A Gran Gala do Deporte o vindeiro día 21, “manifesta as virtudes dos deportistas desta cidade”, di Caballero

A Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, que na súa décimo-cuarta edición premia aos e ás mellores de 2012, terá lugar o xoves 21 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia, o escenario habitual do evento dende a segunda edición.

 


Caballero garante que o goberno local vai asumir o recorte do 40% en bolsas de comedor aprobado pola Xunta

O goberno local vai asumir un “novo recorte da Xunta” en bolsas de comedor, unha rebaixa cifrada nun 40% e que se suma ao detrimento de 183.000 euros aplicado o curso pasado. Caballero avanzou que o Concello tamén asumirá este recorte “desalmado” xa que en Vigo ningún neno que o precise vai quedar sen axuda de comedor.

 

O Concello recorre o pago de 150.000 euros polo uso dos túneles de Beiramar

Abel Caballero informou hoxe mércores do recurso de reposición presentado polo Concello contra as liquidacións da Autoridade Portuaria polas taxas de ocupación dos dous pasos inferiores de Beiramar. O Concello entende que o pago non ten obxecto legal pois os vehículos non pagan polo uso dos túneles.

 


As rúas de Vigo acollerán o 19 de maio a marcha ciclista de UNICEF

O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que a Marcha Ciclista de UNICEF percorrerá as rúas de Vigo o próximo 19 de maio. Así o acordou durante un encontro que mantivo esta mañá con responsables do Comité Directivo da entidade.

 


Caballero rubrica a adaptación dos estatutos de ProVigo á nova normativa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este mércores co notario unha modificación dos estatutos da Fundación ProVigo que preside para adaptala á nova normativa vixente, un cambio “legal” de carácter meramente administrativo.

 

O Concello abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás seis escolas infantís municipais comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril de 2013.

O DOG PUBLICA A CONVOCATORIA DE EXAMES PARA A OBTENCIÓN DE TITULACIÓNS PARA EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NÁUTICAS

  • Convócanse probas para os títulos de patrón/a para navegación básica, de embarcacións de lecer e de iate, así como de capitán/a de iate, patrón/a de moto náutica A e patrón/a de moto náutica B

Santiago, 13 de marzo de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia. As titulacións para as que se convocan estas probas son patrón/a para navegación básica, de embarcacións de lecer e de iate, así como de capitán/a de iate, patrón/a de moto náutica A e patrón/a de moto náutica B.

Os candidatos/as solicitarán a súa admisión ao exame teórico ou práctico mediante a instancia dirixida ao presidente do tribunal do centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará a proba cubrindo o modelo de solicitude do procedemento PE616C, que figura como anexo I da Orde que publica hoxe o DOG.

Solicitude

O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, nas xefaturas territoriais, nas xefaturas de Coordinación da Área do Mar e nas xefaturas comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, e tamén na Guía de procedementos e servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.

 

Na resolución que hoxe publica o DOG infórmase do importe correspondente ás taxas polos dereitos de exame en cada modalidade, así como das datas e lugares de celebración das probas, tanto para a convocatoria de maio como para a de setembro.

Abonos Novacaixagalicia clásica en Vigo

novacaixagaliciaNovacaixagalicia pon á disposición do público a segunda parte dos abonos da súa tempada de concertos de música clásica na cidade de Vigo. Estarán dispoñibles en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 desde mañá, xoves 14 de marzo, ata o 11 de abril. Todos aqueles que xa se fixeron coa subscrición da primeira parte da tempada poden dispoñer da nova durante os días 14 e 15 de marzo a través destes mesmos medios. A merca do abono supón un aforro do 20 % respecto das entradas soltas.

‘Son brasilego’ foi incluído no último número da prestixiosa revista World 1 Music

descarga (13)  O disco ‘Son brasilego’ do Sérgio Tannus vén de ser incluído no último número da prestixiosa revista musical World 1 Music. Unha reseña na que o crítico Toni Mira emprega palabras de eloxio á mestura de ritmos e culturas que dan lugar á brasilegidade tales como que o traballo “consegue momentos de grande emotividade, complicidade e sinceriridade”, entre outras.

‘Son brasilego’ viu a luz a finais do pasado decembro, mais os éxitos de público e crítica comezan a facer del un disco xa imprescindible á hora de entender o momento musical actual no que á lusofonía respecta, mais non só, xa que se está a converter nun traballo valorado e apreciado a nivel internacional.

Nos últimos meses, emisoras irlandesas e londinenses deron boa conta de diversos temas do disco. Se ben, a inclusión do ‘Son brasilego’ na World 1 Music é un grande salto deste proxecto a un escenario mundial e facéndoo avanzar outro chanzo á hora de lle dar recoñecemento a un produto cultural innovador e integrador de culturas.

Ademais de destacar os 40 colaboradores do disco sen esquecer ao Serginho Sales e o Paulo Silva, a base do traballo xunto co propio Sérgio Tannus, en palabras do crítico desa publicación, Toni Mira ‘Gusi’, o ‘Son brasilego’ é “un disco moi traballado, con fermosas letras e esa constante procura, fusión de sonoridades, que conseguen momentos de grande emotividade, complicidade e sinceridade”, apunta.

Noutra orde de cousas, o columnista destaca que que “conta cun alegre deseño e os textos das cancións que axudan a recrearse aínda máis no marabilloso mundo de Tannus”, afirma Mira, quen resalta tamén que o disco pretende ser “unha ponte musical que una ambos lados do Atlántico e afonde nos lazos entre Galiza, Portugal e o Brasil.

FÓRA E MONTAÑA EN SOMBRA INAUGURAN A SECCIÓN GALEGA DE PLAY-DOC / FÓRA Y MONTAÑA EN SOMBRA INAUGURAN LA SECCIÓN GALLEGA DE PLAY-DOC

descarga (12)   -Onte una sección que incluye seis títulos recientes, con una importante
trayectoria en festivales internacionales
Tui, 13 de marzo de 2013. Play-Doc Festival Internacional de Documentales de Tui muestra hoy
por la noche, tras su sesión de inauguración, Fóra y Montaña en sombra. Las dos películas
gallegas, que iniciaron en Copenhague y en Roma respectivamente, su andadura por festivales
internacionales; son la punta de lanza de una selección de seis destacables títulos recientes, que
prueban la vitalidad del cine gallego independiente actual. Leer Más…

A ESCOLA INFANTIL DE INICIATIVA SOCIAL SAN NICOLÁS ATENDE A PRETO DE 200 NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS COA COLABORACIÓN DA XUNTA

  • descarga (11)  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a escola infantil de iniciativa social, que é a maior de Vigo en número de prazas.
  •  Destaca polas actividades que desenvolven cos nenos e nenas ao longo do ano, e polo seu traballo e participación nun sistema educativo e de atención e benestar para os pequenos e as súas familias.
  • A Xunta de Galicia pon a disposición das familias viguesas máis de 1.300 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos entre as escolas da rede autonómica A Galiña Azul, as de iniciativa social e o cheque infantil.
  • Das 1.300 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, máis do 48% corresponde as prazas que se ofrecen nos 8 centros autonómicos da rede Galiña Azul de Vigo.