Archive | marzo 16, 2013

ROSA QUINTANA DESTACA A IMPORTANCIA DA CONSIDERACIÓN DOS ASPECTOS SOCIAIS NA ACTIVIDADE DIARIA DOS PROFESIONAIS DO MAR

Santiago, 15 de marzo de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou a importancia da consideración dos aspectos sociais na actividade diaria dos profesionais do mar, sen esquecer os aspectos económicos e ambientais. Así o trasladou a conselleira na inauguración da conferencia marítima Por los derechos del marino, que tivo lugar hoxe en Vigo.

Rosa Quintana  indicou que a Xunta, en conxunción co sector, elaborou a proposta galega para a reforma da Política Pesqueira Común tendo en conta, non só as necesidades do sector, senón tamén as melloras necesarias das condicións de vida dos mariñeiros.

A titular de Medio Rural e Mar resaltou a importancia destas xornadas, que serven para valorar e sensibilizarse coas condicións de vida dos traballadores do sector marítimo-pesqueiro e dos seus achegados. A maiores, a conselleira sinalou que este tipo de encontros son de utilidade para atopar “entre todos” as solucións máis axeitadas para apoiar aos profesionais do mar.

Obxecto da conferencia

O encontro, no cal colabora a consellería, versará sobre as condicións de vida laboral, familiar e social dos traballadores do mar e nel abordaranse as carencias que sofren ao exercer a súa actividade. A conferencia ten por obxecto crear un Centro de Derechos del Marino, co fin de ofrecer aos mariñeiros e pescadores un respaldo xurídico para defender os seus dereitos e ofrecerlles asistencia xurídica gratuíta.

O CENTRO DE VISITANTES PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLE PRESENTACIÓN DO CONTO ‘GAIVOTA ANTÓN’

  • Esta historia e as ilustracións son de Pilar Yturbe e Álvaro Castro

  • O incide na necesidade de aprender a valorar o medio natural próximo
  • Hoxe, ás 16 horas, tamén arranca un curso para aquelas persoas interesadas en mellorar no proceso de contacontos

Santiago, 15 de marzo de 2013.- O Edificio Cambón, o centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, acolle a presentación do libro Gaivota Antón, unha historia que narra as peripecias dunha gaivota, que ten os seus amigos no Parque Nacional. Leer Más…

A DEPUTACIÓN DIXITALIZA OS FONDOS DO ARQUIVO DE BAIONA, O QUE TÉN MÁIS DOCUMENTACIÓN ANTERIOR AO SÉCULO XIX DOS DA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra, a través dos seus servizos de Novas Tecnoloxías e de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dixitaliza os fondos do Arquivo Municipal de Baiona, que é o que contén máis documentación anterior ao século XIX dos da provincia.

Esta iniciativa _enmarcada no proxecto <eDepo, a Administración nun Click> financiado polo Ministerio de Industria a través do Plan Avanza_ permitiu a creación dun “Centro de Coñecemento avanzado” para a dixitalización dos fondos documentais, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Arquivo Provincial e dos fondos documentais dos concellos da provincia, a excepción dos de Pontevedra e Vigo.

3,4 millóns de investimento

Na actualidade, xa están dixitalizados os arquivos dos concellos de Cotobade, Cerdedo, Ribadumia e Lalín, estáse a traballar no de Baiona e seguiráse co de A Estrada. O plan da Deputación abarcará todos os concellos da provincia, excepto os de Vigo e Pontevedra e, a medio prazo, incluirá tamén o Arquivo Histórico de Baiona.

A Deputación inviste neste plan 3,4 millóns de euros, dos que o Ministerio de Industria aporta o 15% (en torno a 500.000 euros) e o resto (o 85%, perto de 2,8 millóns) son dun préstamo que o Ministerio fai á Deputación a devolver en 15 anos.

Coa creación deste centro de coñecemento perséguense dous obxectivos fundamentais:

  • Contribuír á conservación dos fondos existentes no Arquivo Provincial e nos arquivos municipais da provincia, grazas á dixitalización dos mesmos.
  • Por a disposición dos cidadáns o acceso por medios telemáticos aos fondos dixitalizados e crear un conxunto de e-Servizos que permitan acceder a todo o patrimonio cultural, contribuíndo desta forma á súa difusión.

Para a realización dos traballos cóntase con escáneres cenitais de última xeración, recomendados para a dixitalización de fondos antigos e especialmente valiosos, que garanten un resultado final da máxima calidade.

Fondos en 27.855 rexistros dende 1541

Según explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán,  “coa posta en marcha desta iniciativa, a Deputación garante a conservación dos fondos documentais xestionados pola institución e os concellos da provincia ao contar cos documentos en formato dixital, o que minimiza a necesidade de manipulación dos orixinais. Por outra banda, permitirá a difusión dos mesmos aos cidadáns grazas a implantación de ferramentas de consulta a través de internet”.

O Arquivo de Baiona é o que ten máis documentación anterior ao século XIX dos da provincia. Conta cun total de 5.161 unidades de instalación, con documentación que teñen datas extremas os anos 1541 e 2013. Todo elo recollese nunha base de datos formada por 27.855 rexistros que permiten a localización de calquera expediente.

Algúns dos importantes fondos que se conservan son:

  • Unha colección documental disposta en 92 unidades de instalación, que inclúe fondos variados, especialmente referidos ó Hospital Sancti Spiritus, coa documentación máis antiga, dende 1320, que se gardaba no seu día no moble de arquivo que aínda conserva, realizado en 1679.
  • Libros de plenos e contas dende 1542 ainda que con discontinuidade. Libros de quintas e milicias dende 1741. Datos de eleccións dende 1835, de obras de particulares dende 1882, e de datos de contribución rústica e urbana dende 1836.

Un plan pioneiro en Galicia Leer Más…

GALICIA É LÍDER EN ESPAÑA NA VIXILANCIA E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

O conselleiro de Economía destaca que “somos a comunidade máis proactiva neste eido”, detectando o 28% dos produtos notificados en 2012 á Rede de Alerta

Salienta o traballo do Laboratorio de Consumo, o único oficial público acreditado de España, que realizou máis de 7.600 análises o ano pasado, o dobre que hai 4 anos

Na Semana dos Dereitos do Consumidor Conde subliña a aposta pola mediación e a arbitraxe, sendo a Xunta Arbitral de Galicia a primeira en emisión de laudos,

PARA ACELERAR EL DESARROLLO EMPRESARIAL DE LOS EMPRENDEDORES, PEDROSA ASISTE EN MADRID AL III ENCUENTRO DE VIVERISTAS QUE REÚNE A LOS PRINCIPALES AGENTES DE LA INCUBACIÓN DE EMPRESAS DE ESPAÑA

descarga  Vigo, 14 de marzo de 2013.- Para conocer las mejores oportunidades que se están abriendo a los emprendedores y poderlas ofrecer en los servicios que se van a poner en marcha en Porto do Molle, la Delegada Teresa Pedrosa, ha asistido esta maña al III Encuentro Nacional de Viveristas que bajo el lema “Emprende  en Red. Sé más” ha organizado la Fundación INCYDE en San Sebastián de los Reyes (Madrid).

Este encuentro tiene como propósito acelerar el desarrollo empresarial de los viveristas y ofrece la posibilidad de participar en unas jornadas de networking activo, aprovechando tanto los seminarios como las sinergias que producidas entre ellos. La conferencia inaugural impartida por Ricardo Martínez Rico, presidente ejecutivo de Equipo Económico, SL, versó sobre los retos de la economía española para este año 2013. Leer Más…

TRABALLO REALIZOU EN 2012 PRETO DE 200 ACTUACIÓNS A TRAVÉS DO PLAN VIXÍA DIRIXIDO A REDUCIR A SINISTRALIDADE NO SECTOR DO MAR

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe en Vigo a conferencia ‘Polos dereitos do mariño’
  • Avanzou que a Xunta continuará en 2013 con este plan que mellora os hábitos laborais dos profesionais da pesca e vela polo cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais
  • Os accidentes laborais no sector do mar descenderon nun 4.71 por cento o ano pasado
  • Mato destacou que este ano se elaborarán e difundirán diferentes manuais e estudos dirixidos a mellorar a cultura da prevención de riscos e da saúde laboral
  • En 2013 publicarase unha guía específica de vixilancia na saúde para a pesca de gran altura.