O CENTRO DE VISITANTES PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLE PRESENTACIÓN DO CONTO ‘GAIVOTA ANTÓN’

  • Esta historia e as ilustracións son de Pilar Yturbe e Álvaro Castro

  • O incide na necesidade de aprender a valorar o medio natural próximo
  • Hoxe, ás 16 horas, tamén arranca un curso para aquelas persoas interesadas en mellorar no proceso de contacontos

Santiago, 15 de marzo de 2013.- O Edificio Cambón, o centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, acolle a presentación do libro Gaivota Antón, unha historia que narra as peripecias dunha gaivota, que ten os seus amigos no Parque Nacional.

A presentación que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, terá lugar o vindeiro domingo, 17 de marzo ás 12:00 horas. A entrada é gratuíta ta completar aforo.

Trátase dun conto coa que os seus autores e ilustradores, Pilar Yturbe e Álvaro Castro, intentaron trasladar aos máis pequenos a necesidade de valorar o medio natural próximo, o que temos ao lado da casa xa que nunca se valora o suficiente. Con pequenas accións individuais axudaremos a protexer o medio ambiente, a respectar, as cores do paisaxe de Galicia, así como dos seres que nela habitan.

Preparación de contacontos

Hoxe tamén se inicia un curso para aquelas persoas interesadas en mellorar o seu proceso de contacontos.

Así, dende hoxe as 16:00 horas, e mañá sábado, 16 de marzo, ao longo de todo o día, celebraránse no Edifico Cambón as xornadas, De profesión contacontos. Cómo contar ben as historias sen aburrir a ninguén. Técnicas para mellorar os contacontos, realizáronse no Edificio Cambón.

Nesta proposta traballaranse conceptos básicos da narración oral para monitores que leven a cabo actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, e precisen mellorar as técnicas de contacontos, para lograr a máxima atención. Tamén se pretende desenvolver o gusto estético e literario; favorecer a aprendizaxe sobre o medio físico e social; incrementar a capacidade de atención e favorecer a adquisición persoal da linguaxe.

Por outra banda, traballarase na estimulación da fantasía; no desenvolvemento da comprensión oral e da dimensión relacional; a postura corporal; o contacto visual; a expresión facial; e, sobre todo, a relación coa natureza.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: