A FAMILIA DO MÚSICO VIGUÉS BÁRCENA SARACHO DONA O SEU LEGADO Á DEPUTACIÓN QUE CREA UN FONDO ESPECÍFICO SOBRE O AUTOR

  • O legado do Mestre Bárcena consta de ampla documentación familiar de tres xeracións da familia viguesa.
  • Está composto por 36 unidades de instalación dos anos 1673 a 2009.
  • Tamén foron depositados 33 obxectos, maioritariamente pinturas, debuxos e instrumentos do mestre e da súa familia.

A familia do músico vigués Augusto Bárcena donou á Deputación Provincial de Pontevedra o legado musical do artista composto por 36 unidades de instalación dos anos 1673 a 2009 xunto con outros 33 obxectos, maioritariamente pinturas, debuxos e instrumentos do mestre e da súa familia.

Este patrimonio foi depositado no arquivo musical do Servizo de Patrimonio Documental da institución que grazas á incorporación de toda a documentación musical e familiar desta figura creou o fondo Augusto Bárcena Saracho.

A  doazón á Deputación Provincial e a difusión do legado do músico vigués Augusto Bárcena Saracho (1883-1976), supón a recuperación e o recoñecemento á  figura e á obra dun compositor que, aínda que pouco coñecido  polo  gran público, pasa por ser un dos referentes da creación musical na España do segundo cuarto do S. XX. e, ó mesmo tempo permite unha aproximación a unha das familias representativas da sociedade industrial viguesa de finais do S XIX.

O legado do Mestre Bárcena consta de ampla documentación familiar de tres xeracións da familia viguesa Bárcena (títulos nobiliarios, titulacións académicas, documentos notariais, correspondencia, fotografías, postais, retratos de membros da familia, e outros cadros, libros, etc.), da documentación musical do compositor (partituras manuscritas e impresas, borradores de obras, etc.) e de diferentes obxectos persoais de Augusto Bárcena.

Obxectos persoais

Así por exemplo figura un piano de madeira, bronce e teclas de marfil; un metrónomo de madeira e metal; dúas maletas de man; un diapasón de aceiro; prismáticos de bronce con funda de pel; un busto de Wagner.

Atópanse tamén obras como un cadro de óleo sobre lenzo de Eugenia Spínola; outro de Manuel Franco; de Leopoldo Méndez; de Bernardo Bárcena; de María Saracho; de José María Bárcena Guzmán, e unha acuarela sobre papel de Augusto Bárcena Saracho.

Familia viguesa emprendedora

O seu proxenitor, Augusto Bárcena Franco, foi un dos emprendedores del Vigo daquela época, cando esta cidade iniciaba un rápido despegue comercial e industrial para converterse na primeira cidade de Galicia. A súa nai, María Saracho Spínola, era de orixe vasco, aínda que naceu en Pontevedra, onde o seu pai exerceu como delegado de Facenda.

Os  Bárcena Franco eran propietarios de casas de banca, consignatarios de buques, impulsores de industrias de ocio como o Teatro Tamberlick ou proxectos como O tranvía entre Vigo e Baiona, e destacaron tamén na política.

O xoven Augusto Bárcena creceu neste ambiente do mundo dos negocios. Sen embargo, a influencia materna foi máis determinante para o desenvolvemento da sensibilidade artística do compositor e o animou a que se dedicase por completo á música, a súa verdadeira vocación. O camiño que tomou foi decisivo para a súa carreira posterior.

 

Primeiros estudos

 

Realizou os seus primeiros estudos na cidade de Vigo, posteriormente licenciouse en Dereito en Madrid e estudou Comercio en Barcelos. Se ben non era ese o camiño que el elixira. Precisamente, na cidade Condal foi onde desenvolveu a súa carreira creativa en tempos da Belle Époque.

En Barcelona se formou como compositor profesional e saboreou os seus mellores éxitos, despois  dunha ruptura progresiva cos asuntos e negocios familiares. Bárcenas puido dedicarse enteiramente á música sen a presión de ser ese o seu medio de vida e escribir para a difusión ou o uso concreto das súas  composicións, dirixidas o salón, o café concerto, o desfile na rúa ou unha incipiente radiodifusión.

O sentido práctico do compositor e a súa vontade de chegar ó gran público encaixaron coa existencia dun dinámico consumo de música en directo na Barcelona dos anos 1920-1930. Algunhas das súas creacións foron moi populares e a influencia de Galicia está moi presente na súa obra.

A  pesares de que no ano 1914 se marchou a Barcelona e despois a Madrid para non volver, o compositor sempre tivo presente as súas orixes, nunca esqueceu a súa terra que aparece de forma reiterada na súa obra. Así por exemplo, dentro das obras depositadas figuran títulos como “Brisas de Barallobre. Pasodrobre galego” partitura manuscrita dedicada á súa muller ; “Lembranzas da terra. Pasodobre”; “Os Pazos Galegos. Fantasía”, partitura manuscrita; “En el Ribero. Escena gallega” para piano; “Muiñeira”; “De por alá. Díptico galego”, entre outras.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: