AS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á XESTIÓN DOS DESCARTES CENTRAN A CONFERENCIA FINAL DO PROXECTO EUROPEO FAROS ORGANIZADA POLO CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR

  • A xornada, que terá lugar o vindeiro día 21 na sede da Fundación CETMAR, servirá para coñecer como abordan os diferentes axentes do sector pesqueiro esta problemática

Vigo, 17 de marzo de 2013.- O Centro Tecnolóxico do Mar organiza a conferencia final do proxecto europeo FAROS, unha xornada sobre os descartes e as tecnoloxías que axudan a súa redución que se celebrará o vindeiro xoves 21 de marzo na sede da Fundación CETMAR en Vigo. Ademais de para dar afondar nesta iniciativa e nos seus resultados cara á xestión dos descartes, este evento servirá para coñecer como afrontan os axentes relacionados co sector pesqueiro esta problemática.

A directora xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, será a encargada de abrir a conferencia ás 09.45 horas nun acto no que estará acompañada polo director da Agencia Europea de Control de la Pesca, Pascal Savouret, e do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, Valentín Trujillo. A continuación intervirán representantes de diferentes institucións e organizacións relacionadas e presentaranse os resultados do proxecto.

Financiado pola Unión Europea a través do Programa Life, e coordinado polo Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC, o proxecto FAROS comezou a desenvolverse en xaneiro de 2010 co obxectivo de procurar un aproveitamento dos descartes mais sostible e eficiente coa implicación de todos os actores do sector pesqueiro.

Ademais da Fundación CETMAR, que ten nesta temática unha das súas principais liñas de traballo, participan nesta iniciativa o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto de Investigaçao das Pescas e do Mar-IPIMAR de Portugal, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o xa mencionado IIM-CSIC.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: