BENESTAR CONVOCA MÁIS DE 600 PRAZAS PARA ESTADÍAS EN BALNEARIOS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE GALICIA

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 12 de abril e os interesados xa poden acceder a información e ao modelo de solicitude na web http://traballoebenestar.xunta.es
  • Esta iniciativa, enmarcada no Plan Galego das persoas maiores 2010-2013, facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal, emprazados en balnearios de Galicia
  • A duración da estadía é de dez días (nove noites)

A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar unha nova edición do programa ‘Benestar en balnearios’ co que se pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.

Nesta ocasión convócanse 603 prazas repartidas por toda Galicia. En concreto, nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra), Arnoia en Ourense, Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo), Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra), Baños de Molgas en Ourense, Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra), O Carballiño (Ourense), Carballo, (A Coruña), Cuntis (Pontevedra), Laias en Cenlle (Ourense), Lobios (Ourense), Río Pambre en Palas de Rei (Lugo) e Termas Romanas de Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 12 de abril e os interesados xa poden acceder a información e ao modelo de solicitude na web da Consellería http://traballoebenestar.xunta.es.

Esta iniciativa, enmarcada no Plan Galego das persoas maiores 2010-2013, facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites).

O custe, logo da subvención da Xunta, oscila entre os 370 e 390 euros os dez días e inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocutural

Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 65 anos ou 60 reunindo a condición de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidades infecto-contaxiosas nin trastornos mentais ou condutuais.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: