Concello de vigo


Caballero garante aos pais e nais de alumnos que o Concello asumirá o recorte da Xunta nas bolsas de comedor

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión cos responsables da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, aos que lles asegurou que o goberno local asumirá en Vigo a disminución do 40% das bolsas de comedor da Xunta de Galicia.

 


O alcalde valora incrementar a axuda de 60.000 euros que achega aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres

O alcalde de Vigo eloxiou hoxe luns o traballo que desenvolven os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres durante unha visita nas instalacións na que constatou a «importante» labor social que realizan para Vigo. Compromoteuse a estudar incrementar os 60.000 euros de achegas muncipais que reciben.

 


O Concello coopera co Cineclub Lumiére para a proxección de películas en versión orixinal

O Auditorio Municipal acollerá todos os luns do ano (a exepción de xullo e agosto) a exhibición unha película en versión orixinal. Un convenio asinado hoxe luns entre o alcalde e o responsable da entidade determina que o Concello aportará 13.500 euros, ademais da cesión do Audotorio Municipal.

 


Medio milleiro de «riders», nun Cidade de Vigo «referente no calendario internacional», anuncia o concelleiro Manel Fernández

A Vigo Bike Contest-Trofeo Cidade de Vigo celebra a súa decimocuarta edición esta fin de semana do 23 e 24 e é o Trofeo Cidade de Vigo. Organizada por Single Track Outdoor Sports, asociación deportiva viguesa con Guillermo Janeiro á fronte, o evento é referencia do ciclismo de montaña

 


Concerto da ORQUESTRA VIGO 430

Este mércores, 20 de marzo, ás 21,00h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié 23), o segundo concerto da Orquestra VIGO 430, dentro do seu Programa Sinfónico de Primavera, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: