TRABALLO PORÁ EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO PARA AXUDAR A PEMES E AUTÓNOMOS EN SITUACIÓN DE CRISE

  • descarga (8)
  • O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza con responsables da Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación Incyde 
  • O obxectivo principal desta iniciativa, que executará a Fundación, é mellorar a competitividade das empresas mediante a impartición dun programa de formación específico

Santiago, 19 de marzo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha un proxecto piloto para a diagnose e para a elaboración de plans de acción de mellora da competitividade das pemes e autónomos ante a crise no que colaborará coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Incyde).

 

O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, mantivo hoxe unha xuntanza con responsables de Incyde e da Cámara de Comercio de Santiago para a execución desta actuación, que se enmarca dentro dos obxectivos de Europa 2020, a nova estratexia da UE para un crecemento intelixente, sostible e integrador. A finalidade é promover a formación das persoas e facilitar a súa incorporación ao mercado de traballo.

 

Martiñá destacou que a Xunta levará a cabo, xunto con Incyde, esta experiencia piloto, xa que promoverá a mellora das oportunidades de negocio das pequenas e medianas empresas dos sectores tradicionais; que conten con máis de 5 anos de antigüidade e un cadro de persoal entre 5 e 150 empregados; e que requiran apoio e asesoramento especializado nas áreas de innovación e transferencia de tecnoloxía, finanzas, márketing, comercial, xestión de procesos, internacionalización e comercio exterior.

 

Trátase de mellorar a competitividade mediante a impartición dun programa de formación específico, onde se analizará, de cada empresa participante, os seus elementos susceptibles de mellora. Para elo, transmitiranse conceptos, técnicas e ferramentas específicas de dirección en tempo de crise; diagnosticaranse problemas críticos por áreas funcionais; estableceranse prioridades e axuda na toma de decisións; e fixarase un calendario de posta en marcha de accións urxentes.

 

O número de participantes no proxecto piloto será de entre 15 e 25 empresas que teñan o perfil requirido. A duración do programa será de 8 semanas: impartiranse 32 horas de formación e 288 de titorización. En definitiva, Martiñá sinalou que do que se trata é de que as empresas poidan ser titorizadas para saír dunha situación de crise e acadar que se manteñan activas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: