Concello de Vigo

O Concello concede a Medalla da Cidade á Xunta Local de Vigo da Asociación Española contra o Cancro

Este mércores, os tres partidos políticos con representación municipal acordaron ademais conceder os Vigueses Distinguidos en 2013 a Carlos Oroza, Antonio Romero Lorenzo, Gumersindo Espiña Campos, o colexio Compañía de María, Antón Piñeiro Lorenzo, a FAVEC e a Sociedade Deportiva Atlántida de Matamá.

 


O alcalde destaca que o Tribunal de Xustiza de Galicia avala de novo o PXOM de Vigo

O alcalde deu a coñecer unha sentenza do 28 de febreiro do TSXG que destestima o recurso interposto contra o PXOM polo Colectivo de Propietarios Afectados de San Pedro de Sárdoma, a Asociacion de Afectados pola Ronda e a Asociación de Propietarios e Veciños de Santa Lucía. O Tribunal desmoronou, en verbas do rexedor, todas a cada unha das alegacións dos demandantes.

 


O goberno local redeseña a fonte de Rosalía de Castro cunha nova iluminación eficiente

O alcalde asistiu este mércores á posta en marcha da fonte de Rosalía de Castro, que conta cun novo deseño máis eficiente e chamativo, con tecnoloxía led, control de luces e dinamismo nos chorros de auga. A mellora supuxo un custe de 40.000 euros para o Concello

 


Caballero invita á cidadanía a asistir ao espectáculo de Tony Lomba e Manquiña no Auditorio Municipal

O alcalde eloxiou a «xenialidade» dos dous autores polo que animou aos vigueses a presenciar este sábado, ás 21 horas no Auditorio municipal do Concello, a «Música Ligera» de Lomba e Manquiña, que interpretan a «un artista… e un manager». As entradas á venda por 12 euros.

 


Programación da Biblioteca Municipal «Xosé Neira Vilas» para o segundo trimestre

A Biblioteca Municipal «Xosé Neira Vilas», sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de primavera, para o período abril-xuño, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as actividades adicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de «Cantares Gallegos»: unha exposición de diferentes portadas de publicacións que neste século e medio se fixeron da obra da escritora; actividade «Rosalía, unha meniña» para nenas e nenos maiores de 7 anos, con motivo do Día do Libro infantil, o 2 de abril; obradoiro de hip-hop, con motivo do Día do Libro, o 23 de abril; e «Ola ríos, ola fontes», actividade para nenas e nenos a partir dos 3 anos.

 


Igualdade abre o prazo de inscrición para as » XORNADAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO E LIDERADO EMPRESARIAL FEMININO»


As Xornadas ten como obxectivos fomentar e impulsar o emprendemento feminino, potenciar o desenvolvemento de habilidades directivas e comerciais e visibilizar experiencias e vivencias de mulleres emprendedoras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: