FIN DE SEMANA SOLIDARIO EN SALCEDA

descarga descarga (1)

Festival Solidario a favor da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

Hoxe presentouse en rolda de prensa o Festival Solidario a favor de ASEM, organizado por Osiris Teatro, que terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda os días 22, 23 e 24 de marzo.

A rolda de prensa asistiu Luisa Barrera en representante de Osiris, Nelia Bruña traballadora socail de ASEM, Marina Cabaleiro como Concelleira de Benestar Social e Marcos Besada, alcalde do Concello de Salceda.

Nelia Bruña, explicou a importancia destas xornadas de sensibilización e difusión. Estas enfermidades neuromusculares están dentro do grupo de enfermidades raras, moitas veces sen diagnóstico, xa que se tarda unha media de entre 2 e 3 anos en identificar unha enfermidade neuromuscular.

Marina Cabaleiro, concelleira de Benestar Social, incide na importancia de apoiar estas iniciativas dende os concellos, “xa que estas enfermidades son a veces esquecidas”.

Por outra banda, Marcos Besada, reincide na importancia destas accións, nun momento de crisis na que os recortes tamén lle afectan a estes colectivos, “é o momento de botarlle unha man

Os fondos serán destinados fundamentalmente a seguir mantendo aberta a sede da asociación, que agora mesmo conta con unha traballadora social, un terapeuta ocupacional e unha administrativa. ASEM ten a súa sede en Vigo e unha delegación en A Coruña, conta na actualidade con 342 socios.

Programa

Venres 22:

17.00h – Acto inaugural, presidido por Mª Carmen Álvarez (Presidenta de ASEM Galicia), Marina Cabaleiro (Concelleira de Benestar Social) e Teresa Pérez (Concelleira de Cultura)

17:15h – Carcajadas Show.

21:30h – “Rosiña Solteira” grupo de teatro Vámolandando de A Guarda.

Sábado 23:

18.00h – “A locura de don Nicanor” e “Veraneando en Sanxenxo”. Grupo de teatro infantil da Asociación Cultural A Feira.

19:30h – Grupo de danza oriental da Escola de Danza Paula Cobián.

21:30h – “Improperio” Grupo Triateros de Vigo.

Domingo 24:

17:00h – Charanga divertida

17:30h – Grupo xuvenil da Banda de Música Cultural de Salceda.

21:30h – Contada de Cándido Pazó.

Clausura do acto a cargo de Ángel de la Cruz (director e guionista galego) e Marcos Besada (alcalde do Concello de Salceda)

Lugar: Auditorio Municipal de Salceda.

Entrada: adultos 3 euros, nenos 1 euro, fila 0.

Venta anticipada de entradas na Casa da Cultura ou na sede de ASEM Galicia.

Flashmob solidario a favor do Banco de Tapóns do Baixo Miño

O sábado 23 de marzo na Praza do Concello de Salceda, ás 17.00 h terá lugar un flashmob solidario, unha iniciativa privada da Payasa Piruleta na que colabora o Concello de Salceda e “Moto Club A 20 uñas”.

O video da coreografía xa está en youtube, “flashmob de taponeros”.

Trátase de conseguir o récord de recollida de tapóns en só 1 hora, a favor do Banco de Tapóns do Baixo Miño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: