GALICIA REXISTROU UN PERÍODO CLIMATOLÓXICO DE CONTRASTES CUN INVERNO DE TEMPERATURAS ALTAS, PERO ACOMPAÑADO DE VARIAS ENTRADAS DE AIRE POLAR

  • clip_image002 (2)En gran parte de Galicia o inverno foi máis cálido do normal, sobre todo, nas áreas do litoral, menos nas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense que resultou frío
  • Tamén se teñen observado anomalías en temperaturas inferiores aos -0.5 graos nas serras do Suído e do Laboreiro, ademais das comarcas do Barbanza e Muros
  • En relación ás precipitacións, este foi un inverno chuvioso, xa que en decembro de 2012 as precipitacións superaron os valores agardados o mesmo que en xaneiro

Santiago, 20 de marzo de 2013.- A Xunta de Galicia, a través de MeteoGalicia, fai público o  informe climatolóxico do inverno 2012-2013, no que se conclúe que a Comunidade galega rexistrou un período climatolóxico de contrastes, xa que predominaron temperaturas máis cálidas do normal. O inverno comezou cun decembro no que as temperaturas acadaron valores normais nalgúns puntos, pero altas na meirande parte de Galicia. O feito de que as temperaturas foran máis altas do normal, foi consecuencia da compensación dos valores de temperatura nos primeiros días do inverno, nos que tivemos chegada de masas de aire frío, co predominio das masas de aire húmidas e cálidas no resto das xornadas.

Entre os datos a destacar do informe elaborado por MeteoGalicia, sobresae que a temperatura máis alta do inverno rexistrouse nos concellos de Arnoia, Boiro e Carballo, os días 15 e 16 de febreiro e 3 de xaneiro, respectivamente, con 19,1º centígrados. En canto ás temperaturas máis baixas, foi a localidade de Cabeza de Manzaneda, o pasado 25 de febreiro, posto que se alcanzou unha temperatura de menos 11.4º.

Por outra banda, no tocante ás precipitacións máximas estacionais neste inverno acumuláronse na localidade de Cuntis con 1.468 litros por metro cadrado, mentres a mínima tivo lugar en Monforte de Lemos con 264 l/m2.

No mes de xaneiro, rexistráronse altas temperaturas debidas a presenza moi persistente de ventos de suroeste, que deixaron ambiente suave. A esta situación súmase o período anticiclónico dos primeiros días do mes, onde, chegou aire cálido que trouxo como consecuencia altas temperaturas.

Neste mapa poden verse as anomalías de temperaturas deste inverno de 2012-2013.

O único mes que tivo un comportamento ‘tipicamente invernal’ foi o mes de  de febreiro, onde as temperaturas estiveron, en xeral, por debaixo do agardado neste mes. A diferenza dos anteriores meses de inverno, non predominaron os ventos do suroeste e existiron dúas entradas de aire frío, particularmente intensas na última semana do mes, o que supuxo que a media alcanzase valores máis baixos do normal.

En xeral, o litoral representou as temperaturas máis altas, mentres que as máis baixas déronse na alta montaña da provincia de Ourense. Por outra banda, neste mapa poden verse as anomalías de temperaturas deste inverno de 2012-2013.

Como se refleitaba nos datos anteriores, en gran parte de Galicia o inverno resultou cálido, menos nas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense que foi frío. Tamén se teñen observado anomalías en temperaturas inferiores aos -0.5 graos nas serras do Suído e do Laboreiro, ademais das comarcas do Barbanza e Muros.

Precipitacións

En relación ás precipitacións, este foi un inverno chuvioso, posto que no mes de decembro de 2012 as precipitacións superaron os valores agardados, nun mes xa de por si chuvioso en toda Galicia, esta situación vén motivado pola persistencia das situacións de borrasca e ventos de suroeste, que chegaron moi cargados de humidade. Tamén, no mes de xaneiro superáronse os valores normais de precipitación.

Así mesmo, o primeiro período seco non conseguiu compensar á persistencia das chuvias nas seguintes semanas así como, a intensidade dalgunha das frontes que chegaron ata Galicia. Deste xeito, acumuláronse cantidades de chuvia significativamente superiores ás normais para esta época do ano.

Non obstante, o mes de febreiro resultou seco en practicamente toda a Comunidade, exceptuando o norte da provincia de Lugo, con valores normais e mesmo húmido na Mariña Luguesa. Este patrón está asociado cos ventos de compoñente norte que predominaron nos dous episodios de entrada de aire frío.

Os episodios de ventos de sur que afectaron a Galicia neste caso deixaron chuvias de moi pouca importancia, pero a chuvia dos anteriores meses determinou este inverno como chuvioso. Neste cadro pódense ver os valores máximos de precipitacións acumulada no inverno de 2012-2013.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: