Archive | marzo 20, 2013

La Colección PHotoBolsillo homenajea al fotógrafo sevillano Atín Aya

 

Descripción: Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/olas/foto_1305.jpg
Padre Antonio. Cortijo Monasterio, Cazorla de la Sierra, Jaén, 2001. Copyright Atín Aya

El nuevo número de la Biblioteca de fotógrafos españoles contiene 57 imágenes en blanco y negro tomadas entre 1982 y 2005

Atín Aya, reportero gráfico de ABC de Sevilla y Diario 16 Andalucía, captó juegos callejeros, equilibrios de sombras, paisajes, gentes y formas de vida

Su trabajo conjuga la tradición fotográfica bressoniana del «momento decisivo» con la tradición pictórica clásica

Destaca en su obra el cuidado detallista en la composición y la sabia utilización de todos los elementos de escena, especialmente el uso de la luz

108 páginas | 13 X 18 cm. | Español-Inglés

PVP. 12,50 € | ISBN: 978-84-15691-05-1

Más información: www.lafabrica.com

XORNADA SOBRE MERCADOS INTERNACIONAIS: ESTADOS UNIDOS E ARXENTINA

Achegar aos empresarios información e servizos sobre as oportunidades de negocio en mercados exteriores como Estados Unidos e Arxentina é o obxectivo fundamental da xornada específica impulsada pola Xunta de Galicia, a través do Igape, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia.
A xornada desenvolverase, mañá xoves, día 21 de marzo, a partir das 17 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense.
Para ampliar esta información ou si desexa asistir, pode contactar chamando ao teléfono da CEO  (988 391 110 – att. María Fernández),  a través da web www.ceo.es ou enviando un mail á conta europeos@ceo.es

 

www.igape.es

GALICIA REXISTROU UN PERÍODO CLIMATOLÓXICO DE CONTRASTES CUN INVERNO DE TEMPERATURAS ALTAS, PERO ACOMPAÑADO DE VARIAS ENTRADAS DE AIRE POLAR

  • clip_image002 (2)En gran parte de Galicia o inverno foi máis cálido do normal, sobre todo, nas áreas do litoral, menos nas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense que resultou frío
  • Tamén se teñen observado anomalías en temperaturas inferiores aos -0.5 graos nas serras do Suído e do Laboreiro, ademais das comarcas do Barbanza e Muros
  • En relación ás precipitacións, este foi un inverno chuvioso, xa que en decembro de 2012 as precipitacións superaron os valores agardados o mesmo que en xaneiro Leer más…

CONDE AVOGA POLA COOPERACIÓN PARA FACER DA LOUSA UNHA INDUSTRIA “Á VANGARDA DA INNOVACIÓN”

O conselleiro de Economía visita a empresa Cupa para coñecer de preto unha nova maquinaria, impulsada polo Goberno galego e o Centro Tecnolóxico da Lousa, que reflicte o compromiso da Xunta por reducir ao máximo as emisións de po de sílice e mellorar a competitividade do sector

Salienta o esforzo das empresas de lousa nos ámbitos da innovación e a internacionalización como exemplo para outros sectores galegos

Aposta por reforzar as ventas no exterior dunha industria que representa cada ano o 60% das exportacións nacionais, o 50% da lousa  a nivel mundial

FESTIVAL SEARA

descarga (2)  Vigo
O SÁBADO 30 DE MARZO, “SEARA FESTIVAL”
ROMPERÁ MOLDES EN DETRÁS DO MARCO

o Nove grupos amosarán a súa música durante seis horas nun
espectacular concerto.

TRINTA DESEMPREGADOS RECOLLEN NA DEPUTACIÓN OS DIPLOMAS QUE ACREDITAN A SÚA FORMACIÓN EN «MECANIZADO DE MADEIRA» E DE «AXENTE COMERCIAL»

 

A deputada provincial, Marta Iglesias, acompañada polo Director de Príncipe Felipe, José Manuel Fernández; e polo técnico da Deputación, Manuel Corujo; fixo hoxe entrega de diplomas a un total de 30 persoas desempregadas que participaron en cursos formativos de “mecanizado de madeira e derivados” de 598 horas e de “axente comercial” de 453 horas. Ambas actividades formativas tiveron lugar no marco da convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar dirixida principalmente a desempregados da Comunidade Autónoma de Galicia. Leer más…

FIN DE SEMANA SOLIDARIO EN SALCEDA

descarga descarga (1)

Festival Solidario a favor da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

Hoxe presentouse en rolda de prensa o Festival Solidario a favor de ASEM, organizado por Osiris Teatro, que terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda os días 22, 23 e 24 de marzo.

A rolda de prensa asistiu Luisa Barrera en representante de Osiris, Nelia Bruña traballadora socail de ASEM, Marina Cabaleiro como Concelleira de Benestar Social e Marcos Besada, alcalde do Concello de Salceda.

Nelia Bruña, explicou a importancia destas xornadas de sensibilización e difusión. Estas enfermidades neuromusculares están dentro do grupo de enfermidades raras, moitas veces sen diagnóstico, xa que se tarda unha media de entre 2 e 3 anos en identificar unha enfermidade neuromuscular. Leer más…