A XUNTA INVISTE PRETO DE 55.000 EUROS NA MELLORA DO FIRME DOS CAMIÑOS CARBALLEIRA, VIÑAS E BALEAZAS DE CAMOS, EN NIGRÁN

descarga (1)  As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.

  • O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.

Vigo, 21 de marzo de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Nigrán para comprobar in situ o resultado de tres actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 54.857,01 euros.

Acompañada polo alcalde da localidade, Alberto Valverde, e polo xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que as tres obras acometidas executáronse na parroquia de Camos, nos camiños Carballeira, Viñas e Baleazas, actuando nunha superficie total de 750 metros de lonxitude.

Concretamente, a primeira execución realizouse no lugar do Cruceiro, onde se mellorou a capa de rodaxe do camiño Carballeira, que ten unha lonxitude de 250 metros lineais e un ancho variable entre 3,5 e 4 metros ao longo da traza. A capa de rodadura é de aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros, previa regularización e formigonado sobre unha superficie de 200 m2. O orzamento foi de 18.446,10 euros.

A segunda actuación levouse a cabo no camiño Viñas, que comunica os lugares de O Carballal e O Seixo na mesma parroquia. O camiño ten unha lonxitude de 114 metros lineais e un ancho medio de 4,5 metros ao longo da traza. A capa de rodadura tamén é de aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros. O orzamento foi de 10.528,74 euros.

Por último, a terceira actuación foi no camiño Baleazas, nunha lonxitude de 393 metros lineais e un ancho medio de 5 metros ao longo da traza. Coma o resto de actuacións, a capa de rodadura é de aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros. O orzamento foi de 25.882,17 euros.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

 

Bravo Bosch lembrou así que obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias ademais de resaltar que o investimento total nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: