O BNG defenderá no pleno a retirada do anteproxecto da reforma local e a supresión das deputacións

descarga (4)  Vigo, 21 de marzo de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, salientou que no vindeiro pleno municipal, o Bloque defenderá unha moción que insta ao goberno do Estado a retirar o Anteproxecto de Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local e a suprimir as deputacións provinciais. Segundo alertou nacionalista, esta reforma aprobada polo goberno central pode supoñer a desaparición dos servizos sociais, ao deixar de ser competencia dos concellos.

Iolanda Veloso explicou que este anteproxecto inspírase na aplicación do principio de estabilidade orzamentaria, pactada polo PP e PSOE. Segundo criticou, este criterio “limita a actuación do sector público”, ao situar a contención do gasto público por riba da atención ás necesidades sociais que deben atender as administracións.

Considerou que como consecuencia desta reforma, o concellos pasan a ser “meros intermediarios” ao ver limitado o seu gasto público, mentres pola contra, eses servizos “pasarían a ser levados por empresas privadas”. Ao seu xuízo, a lei ten o mero obxectivo de “impedir que os concellos gasten en servizos sociais”, cando son as propias administracións locais as que coñecen as necesidades da cidadanía.

Teleasistencia

“Sabemos que alguén que precise unha axuda de emerxencia, como unha muller maltratada, en primeiro lugar vai ao seu concello, e non á Xunta a Santiago”, sinalou a portavoz municipal do BNG a modo de exemplo. Mencionou tamén o caso da teleasistencia en Vigo, a respecto do que o BNG reclamou en reiteradas ocasións que se fixese cargo a Xunta.

“Pola contra, quen se está facendo cargo da teleasistencia é o Concello”, apuntou, ao tempo que advertiu de que cando este servizo se lle quite aos concellos, “a Xunta non o vai prestar e mesmo pode desaparecer”. Para Iolanda Veloso, esta reforma “vai repercutir nos servizos sociais públicos máis básicos e en detrimento das persoas”.

Evitar duplicidades

A nacionalista sinalou que segundo esta lei, nos concellos de menos de 20.000 habitantes os servizos sociais pasan a ser competencia das deputacións, mentres que para o resto “pasan a ser servizos impropios dos concellos”. Esta consideración implica que nun ano, eses servizos pasarán a ser competencia autonómica, mentres que en cinco anos as administracións locais deberán ceder todas as competencias en materia de sanidade e educación.

“Dise que esta reforma é para evitar duplicidades, pero se reforzan as deputacións, os lugares nos que o PP pode exercer as súas políticas caciquís e decidir que servizos ofrecen aos concellos”, recriminou.

Plan de financiamento

Iolanda Veloso salientou que na moción o BNG tamén reclama a presentación dun plan de financiamento dos concellos, que lles permita custear os servizos públicos locais, “porque a lei non aclara como os concellos van pagar os servizos”. Subliñou neste sentido a contradición que existe ao impedir que os concellos decidan que servizos prestan ao mesmo tempo que poñar os cartos para que financiar o que decida outra administración.

 

A proposta do Bloque tamén demanda executar unha reforma do réxime local que deixe en mans das Comunidades Autónomas un amplo marxe de regulación sobre a organización, as funcións e competencias das entidades locais para adaptar o mapa local á realidade de cada territorio.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: