Archive | marzo 23, 2013

ALFONSO CABALEIRO SERÁ O NOVO XERENTE DE GALICIA CALIDADE

  • O nomeamento completa a estrutura do organismo na procura de reforzar a imaxe de Galicia Calidade como marca de prestixio dos produtos galegos

Alfonso Cabaleiro Durán será nomeado o vindeiro luns 1 de abril xerente de Galicia Calidade, ocupando o cargo que viña desempeñando ata o de agora Carlos Vila, quen deixa o organismo por motivos persoais.

O novo xerente de Galicia Calidade é licenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, e desempeñou nos últimos catro anos o cargo de secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia.

Cabaleiro Durán, natural de Chapela (Redondela), desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes postos de responsabilidade no eido da imaxe e a comunicación. Así, ocupou a dirección de Informativos e da Radio Galega; foi director en Galicia de RTVE e da COPE; e subdirector de informativos da TVG entre outros.

Este nomeamento completa a estrutura do organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, co obxectivo de reforzar a imaxe de Galicia Calidade na súa procura de consolidar esta marca de prestixio dos produtos galegos. Deste xeito, aspírase a impulsar a promoción dos produtos que xa contan co selo de garantía así como incrementar a penetración da marca e a súa internacionalización.

 

 

O BNG oponse á aplicación do decreto Wert na Universidade e condena que o Consello de Goberno fora a porta pechada

bngVigo, 22 de marzo de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, manifestou a rotunda oposición do Bloque á aplicación da LOMCE na Universidade de Vigo, aprobado hoxe a porta pechada. Segundo denunciou a nacionalista, este decreto baseado en recortes e que supón o despedimento de arredor de 300 profesores asociados “implica claramente o detrimento na calidade do ensino público superior”.

“Hai que garantir un ensino superior de calidade para todo o alumnado, obxectivo que evidentemente non se consigue aplicando estes recortes”, subliñou Iolanda Veloso, quen trasladou o apoio do BNG ao profesorado, traballadores e alumnado da Universidade viguesa que levan días protestando contra a aplicación do decreto. Leer Más…

CURSO GRATUÍTO DE VAN NO BAR COSMOS HOXE AO MEDIODÍA

image  Moitísimas grazas aos que viñestes onte a “Tomar a Tarde”  con nós. Pasámolo xenial. Hoxe estaremos tomando a caña no bar Cosmos na praza da Princesa. A partir das 12:00 da mañá Finu de Candacol fará un obradoiro gratuito de flores xaponesas onde tanto pequenos como maiores poderán volver a casa cos seus complementos. A tortilla do Cosmos e os cursos Big Van espérante.

CONDE RENOVA O COMPROMISO CO SECTOR DO GRANITO PARA IMPULSAR A SÚA EXPANSIÓN A NOVOS MERCADOS

  • descarga (4)  O conselleiro de Economía e Industria reúnese cos membros do Clúster do Granito co obxecto de identificar novas oportunidades a través da internacionalización e a innovación

Vigo, 22 de marzo de 2013.- A industria galega do granito recuperou os seus mellores niveis de exportación grazas ao fomento da internacionalización e á mellora tecnolóxica, dous dos piares nos que a Xunta traballa para construír o futuro empresarial galego. O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que esa receita económica supuxo que as exportacións galegas medrasen en 2012 máis dun 11% ata rozar os cen millóns de euros. Con esa cifra, Galicia consolídase como o segundo produtor mundial de granito, só por detrás de Italia. Leer Más…

PP de Vigo

El Grupo Popular considera un atropello que los vigueses paguen el IBI más caro de las ciudades gallegas y que suba año tras año mientras en otros lugares sí se congela

  • El concejal del Partido Popular, Miguel Fidalgo, asegura que desde que Caballero es alcalde, el presupuesto de ingresos municipales por la Contribución creció un 22 por ciento.
  • “Es la política social que lleva a cabo el gobierno vigués: abrasar a los ciudadanos con subidas de impuestos y con sanciones para insistir en que la economía municipal está saneada”, censura el edil del PP.
  • Fidalgo califica la situación de “escándalo” y argumenta que los vigueses son los que pagan los impuestos más elevado de Galicia con el gobierno socialista.

A XUNTA MANTÉN O SEU COMPROMISO DE SEGUIR POÑENDO TODOS OS MEDIOS PARA QUE AS FAMILIAS ENGANADAS RECUPEREN O TOTAL DOS AFORROS DEPOSITADOS EN PREFERENTES A TRAVÉS DO ARBITRAXE

O Goberno galego salienta que coa aprobación do Fondo de Garantía de Depósitos no Consello de Ministros asegurase a devolución dunha parte dos cartos

A defensa dos que foron vítimas dunha mala comercialización seguirá a ser a prioridade da Xunta que insta a NGB a continuar coas aceptacións de arbitraxes

Galicia é a primeira e a única comunidade na que preto de 15.000 familias xa recobraron o seu diñeiro por medio da arbitraxe.

 

FEIJÓO GARANTE O APOIO DA XUNTA AO SECTOR DO TURISMO NA SÚA APOSTA POLA CALIDADE COA CREACIÓN DA AXENCIA DE TURISMO, CUN PLAN ESTRATÉXICO E CON NOVAS LIÑAS DE AXUDA

  • fei Felicita aos 247 establecementos que representan a cifra de entidades certificadas máis alta, ata o de agora, en Galicia
  • Resalta que grazas ao esforzo do sector, Galicia é a Comunidade con máis establecementos de aloxamento certificados con “Q” de calidade de todo o Estado; e líderes en distincións Q de calidade en balnearios, en instalacións náutico-deportivas ou en turismo activo Leer Más…

O Concello de Vigo e aqualia premian a responsabilidade no consumo de auga dos escolares vigueses

descarga (2)  Acto de entrega de premios del Concurso Internacional de Dibujo Infantil que tuvo lugar esta mañana en el marco del Día Mundial del Agua. El acto se realizó en el museo MARCO y acudieron un total de 180 escolares vigueses, compañeros de clase de los premiados.

O Concello de Vigo e aqualia premian a responsabilidade
no consumo de auga dos escolares vigueses

Coincidindo co Día Mundial da auga entregáronse os premios do Concurso
Internacional de Debuxo Infantil Leer Más…

EURODIPUTADOS DE 10 NACIONALIDADES PARTICIPARON EN LA PRESENTACIÓN DE LA FEIRA DO COCIDO Y SU MARIDAJE CON EL VINO DE LA D. O. MONTERREI, EN BRUSELAS, PRESIDIDA POR EL ALCALDE DE LALÍN , EL DIRECTOR GENERAL DE RELACIONES EXTERIORES Y CON LA UNIÓN EUROPEA, Y POR LOS EMBAJADORES DE ESPAÑA EN BÉLGICA.

denomi-monterreyLos embajadores de España en Bélgica, Ignacio Matellanes, y el embajador español y representante permanente ante la Unión Europea, Alfonso Dastis, presidieron junto al alcalde de Lalín, José Crespo, y al director general de Relaciones Exteriores y con la Unión Europea, Javier Gamallo Aller, la presentación de la Feria del Cocido de Lalín y del vino de la Denominación de Origen Monterrei en Bruselas que tuvo lugar en la Fundación Galicia Europa, organismo dependiente de la Vicepresidencia y Consejería de Presidencia de la Xunta. Una representación institucional de primer nivel a la que se unieron Ernesto Pena, director general de Pesca de la Unión Europea, y el lucense José Manuel Silva Rodríguez, director general de Agricultura del ente comunitario, ambos números dos de sus respectivos departamentos. Leer Más…