CONDE RENOVA O COMPROMISO CO SECTOR DO GRANITO PARA IMPULSAR A SÚA EXPANSIÓN A NOVOS MERCADOS

  • descarga (4)  O conselleiro de Economía e Industria reúnese cos membros do Clúster do Granito co obxecto de identificar novas oportunidades a través da internacionalización e a innovación

Vigo, 22 de marzo de 2013.- A industria galega do granito recuperou os seus mellores niveis de exportación grazas ao fomento da internacionalización e á mellora tecnolóxica, dous dos piares nos que a Xunta traballa para construír o futuro empresarial galego. O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que esa receita económica supuxo que as exportacións galegas medrasen en 2012 máis dun 11% ata rozar os cen millóns de euros. Con esa cifra, Galicia consolídase como o segundo produtor mundial de granito, só por detrás de Italia.

Conde reuniuse co presidente do Clúster do granito, Guillermo Pérez Aboy, e outros representantes do sector, que trasladaron ao conselleiro a intención das empresas de converter o Clúster nun provedor internacional, e sinalaron varios obxectivos a curto prazo. Se hoxe Turquía e Marrocos son os principais destinos dos produtos galegos, o seguinte paso é activar un Plan de Competitividade que suporá abordar o reto de entrar nos mercados de Estados Unidos, Rusia, Arabia Saudita, México, Reino Unido e Polonia.

O conselleiro renovou o compromiso da Xunta e en especial do seu departamento coa expansión internacional das empresas do Clúster, creado en 2010 por empresas das diversas asociacións do sector. O executivo galego, salientou Conde, está a traballar de preto na mellora do sector, impulsando tanto proxectos do propio Clúster como da asociación de Canteiras, á de Maquinaria para a Pedra, e o Centro Tecnolóxico do Granito.

Galicia é líder absoluto en España tanto en produción de granito en bruto como de transformación do mineral. Isto supón que sete de cada dez toneladas de granito exportado de España saen da Comunidade, que transforma 600.000 toneladas de produto autóctono cada ano –fundamentalmente de Porriño- pero tamén importa parte do material de outros países, como Portugal, Sudáfrica, India e Brasil.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: