O Concello de Vigo e aqualia premian a responsabilidade no consumo de auga dos escolares vigueses

descarga (2)  Acto de entrega de premios del Concurso Internacional de Dibujo Infantil que tuvo lugar esta mañana en el marco del Día Mundial del Agua. El acto se realizó en el museo MARCO y acudieron un total de 180 escolares vigueses, compañeros de clase de los premiados.

O Concello de Vigo e aqualia premian a responsabilidade
no consumo de auga dos escolares vigueses

Coincidindo co Día Mundial da auga entregáronse os premios do Concurso
Internacional de Debuxo Infantil

Participaron máis de 1.000 escolares vigueses de 28 colexios da cidade

Como cada ano, no marco do Día Mundial da auga, aqualia, empresa concesionaria
do Servizo Municipal da auga de Vigo, en colaboración co Concello de Vigo, entregan
os premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil.

Nesta 10ª edición, “Un sobresaliente para ti, un sobresaliente para o planeta”, os
escolares debían plasmar como coidan a auga e demostrar unha actitude responsable
no seu consumo. Os participantes neste certame non só optaron aos premios, senón
que ademais colaboraron cunha causa solidaria: o equivalente en euros ao 10% do
total de debuxos recibidos en todos os municipios onde aqualia presta o seu servizo,
será entregado á Fundación Theodora que traballa para que os nenos hospitalizados
non se esquezan de sorrir, grazas á visita dos Doutores Sorriso.

Os premios aos debuxos gañadores entregáronse esta mañá no Museo de Arte
Contemporánea (MARCO) da man do Alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Concelleiro
de Fomento, David Regades. Por parte de aqualia estiveron presentes o Director
Territorial de aqualia, José Luís García Ibáñez, e o Director de aqualia Vigo, José
María Ardoy, quen nas súas palabras destacou que “os traballos recibidos demostran
que os nenos son, sen dúbida, os que teñen unha conciencia máis responsable do
consumo de auga. A súa responsabilidade ambiental permitirá ter un futuro mellor”.

Vigo comprometido con aqualia

Nesta edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil, participaron máis de
1.000 escolares vigueses de 28 colexios diferentes. A 10ª edición contou con 29.000
nenos participantes a nivel nacional e internacional do concurso.

O Colexio Doutor Fleming resultou ser un dos gañadores colectivos ao ser un dos
centros que máis debuxos presentou ao certame. Entre os finalistas do concurso
atópanse 6 escolares de diferentes colexios de Vigo

Lucía Yáñez González-Babé Compañía de María
Ignacio Gómez Valle Amor de Dios
Hugo Suárez Tapias Apóstol Santiago
Lucía Veiga García Josefa de Alonso
Andrés Bernárdez Matalobos Mercantil
Olga Álvarez Cabral Ría de Vigo

O uso intelixente da auga

A aposta de aqualia por aplicar a máis avanzada tecnoloxía para coidar a auga,
conservala e reutilizala vese reflectida na nova edición, a onceava, do Concurso
Internacional de Debuxo Infantil denominada “O futuro da auga pinta ben porque o
pintas ti”. Este ano o certame incide especialmente no desenvolvemento e aplicación
de novos desenvolvementos tecnolóxicos, algúns dispoñibles xa, que sirvan para
alcanzar un uso máis eficiente no consumo da auga nos fogares e cidades e
respectuoso co Medio Ambiente. Poden participar todos os escolares que se atopen
cursando 3º e 4º de Primaria ata o 30 de abril.

Neste contexto José María Ardoy, Director de aqualia Vigo asegura “estamos a
desenvolver novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns baseadas na innovación e o
uso de tecnoloxías da información para contribuír á creación de servizos intelixentes,
xa que o ciclo integral da auga ten unha crecente importancia para as cidades
modernas e os seus habitantes”.

Coa creación de servizos intelixentes, que consomen só o necesario, utilizando as
novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns, ábrese o paso cara a un novo concepto de
xestión. “Trátase – afirma José María – dun sistema integrado de xestión que engloba
cidades, cidadáns e medio ambiente, baseado na innovación e o uso das tecnoloxías
da información”.

O desenvolvemento destas tecnoloxías vén motivado porque “temos unha
responsabilidade como empresa xestora de desenvolver todos os medios ao noso
alcance para contribuír ao desenvolvemento sustentable, á eficiencia e a construír
servizos intelixentes”, engade José María.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: