A música de ‘Pensares galegos’ imponse á alerta laranxa

mail1  mail

As letras reivindicativas, a música en directo, unha nutrida representación de grupos galegos, as pílulas contra o mareo e, como non, A Compañía do Ruído, zarparon este mediodía do porto de Ribeira para presentar ‘Pensares galegos’ a bordo dun catamarán por toda a ría de Arousa.

En conferencia de prensa, a Compañía do Ruído presentou este mediodía o seu sexto traballo, ‘Pensares galegos’, a bordo dun barco amarrado no porto de Ribeira. Suso Bello, Carlos Mariño e Nando Pérez remarcaron os contidos deste novo disco. Inclúe 14 temas, dos que 9 deles son novos e os outros cinco versións de grupos como os Diplomáticos de Montealto, Zënzar ou os JJJ, grupo ribeirense dos anos 80.

‘Pensares galegos’ segue a liña de anteriores traballos do grupo, se ben, desta volta “quixemos afondar máis no aspecto social da música”, afirmou Suso Bello cando aludiu ao financiamento do mesmo a través do crowdfounding. Neste sentido, o líder da banda afirmou que “vimos que tiñamos apoio, exercemos como unha lonxa distribuíndo non peixe, senón neste caso un produto cultural baixo a demanda do público” incluso a lugares como Escocia, entre outros.

Outro dos aspectos que os tres membros do grupo quixeron destacar foi o agradecemento, tanto ao Concello de Ribeira como aos grupos participantes na festa a bordo do barco, como os que participan nos demais actos da Festa da Chuvia e a “todas as persoas que fixeron posible” este “paso importante” para o grupo levando máis alá o concepto de festa e presentación musical, afirmaron. Tampouco quixeron esquecer os festivais que apoiaron e apoian o proxecto da Compañía e as máis de 150 persoas que embarcaron “nun día de alerta laranxa” para levar a música a toda a Ría.

Preparando o verán

Tal e como indicaron os membros da Compañía do Ruído, a Festa da Chuvia “é unha plataforma para presentar traballos de grandes grupos” como Galegoz, Os Tres Trebóns e moitos outros, e ser así un punto de referencia a nivel musical no país.

Neste sentido, Suso Bello remarcou que xa hai unha “comunidade” creada arredor da cita anual en Ribeira. Tanto el coma os demais membros do grupo fixeron alusión ao arroupados que se sentiron durante todo o procedemento de creación, gravación e presentación deste novo traballo que están desexando levar aos festivais do verán, para o que xa teñen algunhas datas pechadas e a dispoñibilidade de marcar máis da man de Culturactiva SCG.

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: