A ESTANZA DE 2.200 NENOS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA EN A LANZADA TERÁ UN COSTE PARA A DEPUTACIÓN DE 121.513 EUROS

    1. A estanza de 2.200 nenos dos concellos da provincia nos Campamentos de Verán que, de xuño a setembro, se celebran nas instalacións de A Lanzada suporá un coste para a Deputación de Pontevedra de 121.513 €.  Os únicos ingresos nas arcas provinciais, derivados deste servizo, serán por tasas. En concreto, cada neno abona (directamente ou contado con axudas dos seus concellos) 68 € pola súa estanza, o que supón 149.600 € (68 por 2.200 rapaces).

      No capítulo de gastos, a empresa que resulte adxudicataria do concurso convocado para a asistencia técnico-educativa recibirá 143.000 euros a cambio de poñer a disposición, perante todo o periodo de vacacións, 20 monitores, 1 ATS e un director, así como os materiais precisos para desenvolver a súa laboura.

      Outro concepto de gastos é o de personal de comedor e cociña, que corre a conta da Deputación e que supón un gasto de 54.068 euros a abonar aos 2 oficiais e 10 operarios encargados deste traballo. Finalmente, a empresa que resulte adxudicataria do concurso de provisión de alimentos para os 2.200 nenos levará 74.045 euros.

      As anteditas cifras supoñen un déficit no servizo de 121.513 euros que será asumido integramente pola Deputación de Pontevedra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: