Archive | marzo 26, 2013

Los turistas internacionales gastan 5.580 millones de euros entre enero y febrero, un 5,1% más

  • turistas  El gasto crece un 3,8% en febrero  hasta 2.754 millones de euros, en el décimo mes consecutivo de aumentos en el gasto de los turistas internacionales.
  • Francia y los países nórdicos han sido los mercados que más han contribuido al crecimiento del mes, siendo Cataluña y Canarias las comunidades más beneficiadas.

26.03.13. El gasto que los turistas internacionales realizaron entre enero y febrero aumentó un 5,1% hasta los 5.580 millones de euros, según la Encuesta de Gasto Turístico (EGATUR), que elabora el Instituto de Estudios Turísticos del Ministerio de Industria, Energía y Turismo. Los gastos medios por persona y día realizados en los dos primeros meses del año registraron aumentos del 6,5% y del 8,2%, respectivamente. Leer Más…

O Sonoro Maxín leva a Alemaña as súas bailables ondas sonoras esta fin de semana

descarga (3)  O grupo ourensano O Sonoro Maxín viaxa a Alemania os próximos días para presentar o seu último disco ‘A onda sonora (chega do interior)’. Os días 29, 30 e 31 de marzo actuarán en Kiel e Hamburgo para aquecer as frías terras xermanas co calor das súas cumbias e ritmos bailables. Leer Más…

IBERIA EXPRESS SE CONSOLIDA COMO UNA DE LAS AEROLÍNEAS MÁS PUNTUALES DE EUROPA EN SU PRIMER AÑO

descarga (2)  La compañía cumple su primer aniversario operando 14 aeronaves y situándose como cuarta aerolínea en el aeropuerto de Madrid-Barajas

  • Desde marzo de 2012 ha operado 23.000 vuelos con una puntualidad media del 94%, lo que la convierte en una de las compañías aéreas más eficientes
  • Iberia Express ha transportado más de 2,8 millones de pasajeros en su primer año de operaciones
  • En 2012, la aerolínea ha operado un total de 24 rutas, nueve de ellas internacionales, y ha pasado de cuatro a 14 aeronaves. Leer Más…

Comunicado prensa do segundo tenente de alcalde, Carlos López Font, sobre as taxas dos túneis da Autoridade Portuaria

Vigo, 25 de marzo de 2013.- Mediante o presente comunicado, o segundo tenente de
alcalde, Carlos L. Font, asegura que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio
López Chaves, volve mentir descaradamente respecto da taxa dos túneles de Beiramar. Esta
é a lectura realizada por López Font tras coñecer as declaracións realizadas polo presidente
portuario sobre unha sentenza do TSXG ao respecto.
Tal e como indica o segundo tenente de alcalde, as taxas portuarias se rexen hoxe por unha
lexislación posterior á publicación da sentencia, xa que foi modificada en profundidade pola
lei de “Puertos y de la Marina Mercante 48/2003, de 26 de novembro” e posteriormente pola
33/2010, de 5 de agosto. Quere isto dicir que a sentencia do TSXG da que fala o presidente
da Autoridade Portuaria refírese a unha normativa que neste momento está derogada.
Segundo explica López Font, hai ademais abundante doutrina do Tribunal Constitucional nos
últimos anos que non deixa lugar a dúbidas.
Os técnicos municipais seguen a ter claro que o Concello de Vigo non ten que asumir as
taxas de ocupación “cando o uso ou destino dos bens de dominio público ocupados sexa un
uso público, común e xeral, e non privativo”.
Por todo elo o segundo tenente de alcalde so atopa dúas explicacións posibles ás
declaracións do presidente da Autoridade Portuaria: ou é un pésimo xurista, ou é un
mentiroso patolóxico, ou as dúas cousas.
Carlos López Font
Segundo tenente de alcalde

CONDE DESTACA ANTE OS REPRESENTANTES DE CCOO E CIG A VOCACIÓN DE CREACIÓN DE EMPREGO DA FUTURA LEI DE EMPRENDEMENTO

descarga FOTO : Francisco Conde e o director do Igape, Javier Aguilera, na reunión mantida co secretario confederal de Finanzas da CIG, Ramiro Oubiña

O conselleiro de Economía e Industria estase a reunir con representantes dos sindicatos dentro da rolda de contactos para consensuar a Lei do Emprendedor, que pretende acadar a cifra de 130.000 emprendedores en catro anos

A Xunta destaca que o texto busca que a creación de postos de traballo sexa constante, garantindo unhas raíces máis sólidas para as novas empresas galegas

MATO APOIA O NOVO ACORDO GALEGO DOS AXENTES SOCIAIS SOBRE PROCEDEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS DE TRABALLO

  • A conselleira de Traballo e Benestar presidiu hoxe a sinatura desta iniciativa que actualiza a ferramenta, adaptándose aos cambios lexislativos e abrindo novos camiños de actuación
  • Esta actuación permitiu nos últimos 20 anos alcanzar unha solución negociada a conflitos laborais que afectaron a máis de 700.000 traballadores e 78.000 empresas
  • En 2012, a porcentaxe de conflitos solucionados estivo en torno ao 90 por cento
  • A titular do departamento autonómico destaca que este acordo supón un paso máis na consolidación do marco de diálogo e consenso nas relacións laborais Leer Más…

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 172.514€ Á ADQUSICIÓN DE VEHÍCULOS PARA 13 ENTIDADES DEPORTIVAS E SOCIAIS

Citröen colabora aportando, en forma de desconto, o 38 % sobre o prezo de fábrica do coche e a Deputación achegará como máximo o 60% do custe

  • Serán donados a clubes e entidades de  Vilaboa, Poio, Sanxenxo, Portonovo, Catoira, Tomiño, Moaña, Cangas, A Estrada e Vigo
  • Xa entregara 96 vehículos a outras tantas entidades noutra fase do plan

A Deputación de Pontevedra mercará 13 furgonetas, de 6 a 17 prazas, para que outras tantas entidades deportivas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia poidan desenvolver a súa actividade de tipo benéfico, social, deportiva ou de seguridade civil.

A inversión prevista é de 373.404,39 euros. Deste orzamento a Deputación Provincial de Pontevedra financiará 172.514,7 euros xa que asumirá como máximo o 60 % do importe dos vehículos. Leer Más…

EDITORIAL GALAXIA PUBLICA ‘O CADERNO DE ÁNXELA’, OBRA INCLUÍDA NA LISTA WHITE RAVENS 2012 QUE RECOÑECE OS MELLORES LIBROS DO MUNDO

clip_image001 De Raquel Ricart Leal
A obra entrou na Lista White Ravens 2012 que recoñece os mellores libros do mundo.

Unha obra sobre o difícil que é ás veces adaptarse á vida

A partir da próxima semana empeza a distribución en librerías de O CADERNO DE ÁNXELA, libro de Raquel Ricart Leal que vén de entrar na prestixiosa Lista White Ravens 2012 que recolle as mellores obras de Literatura Infantil e Xuvenil do mundo

A historia lévanos á vida dunha rapaza adoptada de orixe chinesa quen, polo seu aniversario, vai recibir un caderno como agasallo. A través das súas anotacións iremos asistindo á súa vida, pero tamén ás súas reflexións sobre o difícil que é ás veces vivir, relacionarse coa familia, integrarse nun mundo que pode ser estraño…

Raquel Ricart Leal naceu en Bétera (Valencia), en 1962, deuse a coñecer literariamente ao gañar un accésit dos premios Malvarrosa en 1980. Colaborou en moitas revistas literarias e cultivou tamén o teatro, a novela negra, o relato xuvenil… Con “O caderno de Ánxela” gañou o V Premio Vila de Paterna, un máis dos moitos premios literarios que atesoura. Esta é a súa primeira obra traducida ao galego.