A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 172.514€ Á ADQUSICIÓN DE VEHÍCULOS PARA 13 ENTIDADES DEPORTIVAS E SOCIAIS

Citröen colabora aportando, en forma de desconto, o 38 % sobre o prezo de fábrica do coche e a Deputación achegará como máximo o 60% do custe

  • Serán donados a clubes e entidades de  Vilaboa, Poio, Sanxenxo, Portonovo, Catoira, Tomiño, Moaña, Cangas, A Estrada e Vigo
  • Xa entregara 96 vehículos a outras tantas entidades noutra fase do plan

A Deputación de Pontevedra mercará 13 furgonetas, de 6 a 17 prazas, para que outras tantas entidades deportivas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia poidan desenvolver a súa actividade de tipo benéfico, social, deportiva ou de seguridade civil.

A inversión prevista é de 373.404,39 euros. Deste orzamento a Deputación Provincial de Pontevedra financiará 172.514,7 euros xa que asumirá como máximo o 60 % do importe dos vehículos.

Esta iniciativa realízase en colaboración coa empresa Citröen, que participa aportando, en forma de desconto, o 38 % sobre o prezo de fábrica. Pola súa banda, os beneficiarios deben asumir o  40% do prezo e os gastos de matriculación e adaptacións que consideren necesarias realizar para o cumprimento das súas funcións.Son beneficiarias destas axudas as entidades:

 Comarca de Pontevedra:

  • O Club Náutico Cobres de Vilaboa que recibirá unha Jumper Combi Club Hdi 130 Cv 30 L1h1.
  • O Club de Piragüismo Vilaboa que recibirá unha Jumper Combi Club 30 L1 H1 130 Cv.
  • Club Poio Fútbol Sala que recibirá unha Jumper Hdi 150 Cv Combi 33 L2h2

Comarcas do Salnés e Caldas

  • Club salvamento Sanxenxo que accederá a Jumpy Hdi 125 Cv Combi L 5/9 Pzas Buss Atraction
  • Club Piragüismo Portonovo→ Jumper Hdi 130cv Combi Club 30l1h1
  • Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga→ Jumper Hdi 130 Combi Club 30l1h1

Sur da provincia

  • Club deportivo Miño de Tomiño cunha Jumper Hdi 130 Combi 30l1h1

Na comarca do Morrazo

  • A Sociedade deportiva Samertolameu de Moaña que terá unha Jumper Combi Confort 33 L2 H2 150 CV
  • O Club Balonmán Cangas → Jumper Hdi 130 Combi Club 30l1h1
  • Club Remo Vila De Cangas→ Jumper Combi Hdi 130 Cv 33l2-H2

Zona norte

  • Peña Ciclista Bikestrada→ Jumper Hdi 130 Cv Combi Confort L2h2

Vigo

  • Agrupación deportiva asistencial Sodim→ Jumpy Hdi 125 Cv Combi 5/9 Plazas Buss Atraction
  • Agrupacion Deportiva Tamiar –Apamp →Jumper Combi Confort 33 L2h2 130 Cv

No ano 2008 a Deputación Provincial de Pontevedra subscribiu  un convenio que permitiu a dotación de 96 vehículos a asociacións sen ánimo de lucro cunha inversión superior os 2.400.000 euros.

Non obstante, foi tal a demanda de peticionarios que non se puideron atender todas as solicitudes efectuadas. Por iso considérase necesario levar a cabo unha nova acción, que permitise poder axudar a aqueles demandantes que non viron satisfeitas as súas necesidades naquel intre e que novamente o solicitaron, así como atender novas peticións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: