Comunicado prensa do segundo tenente de alcalde, Carlos López Font, sobre as taxas dos túneis da Autoridade Portuaria

Vigo, 25 de marzo de 2013.- Mediante o presente comunicado, o segundo tenente de
alcalde, Carlos L. Font, asegura que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio
López Chaves, volve mentir descaradamente respecto da taxa dos túneles de Beiramar. Esta
é a lectura realizada por López Font tras coñecer as declaracións realizadas polo presidente
portuario sobre unha sentenza do TSXG ao respecto.
Tal e como indica o segundo tenente de alcalde, as taxas portuarias se rexen hoxe por unha
lexislación posterior á publicación da sentencia, xa que foi modificada en profundidade pola
lei de “Puertos y de la Marina Mercante 48/2003, de 26 de novembro” e posteriormente pola
33/2010, de 5 de agosto. Quere isto dicir que a sentencia do TSXG da que fala o presidente
da Autoridade Portuaria refírese a unha normativa que neste momento está derogada.
Segundo explica López Font, hai ademais abundante doutrina do Tribunal Constitucional nos
últimos anos que non deixa lugar a dúbidas.
Os técnicos municipais seguen a ter claro que o Concello de Vigo non ten que asumir as
taxas de ocupación “cando o uso ou destino dos bens de dominio público ocupados sexa un
uso público, común e xeral, e non privativo”.
Por todo elo o segundo tenente de alcalde so atopa dúas explicacións posibles ás
declaracións do presidente da Autoridade Portuaria: ou é un pésimo xurista, ou é un
mentiroso patolóxico, ou as dúas cousas.
Carlos López Font
Segundo tenente de alcalde

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: