CONDE DESTACA ANTE OS REPRESENTANTES DE CCOO E CIG A VOCACIÓN DE CREACIÓN DE EMPREGO DA FUTURA LEI DE EMPRENDEMENTO
FOTO : Francisco Conde e o director do Igape, Javier Aguilera, na reunión mantida co secretario confederal de Finanzas da CIG, Ramiro Oubiña
O conselleiro de Economía e Industria estase a reunir con representantes dos sindicatos dentro da rolda de contactos para consensuar a Lei do Emprendedor, que pretende acadar a cifra de 130.000 emprendedores en catro anos
A Xunta destaca que o texto busca que a creación de postos de traballo sexa constante, garantindo unhas raíces máis sólidas para as novas empresas galegas