MATO APOIA O NOVO ACORDO GALEGO DOS AXENTES SOCIAIS SOBRE PROCEDEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS DE TRABALLO

  • A conselleira de Traballo e Benestar presidiu hoxe a sinatura desta iniciativa que actualiza a ferramenta, adaptándose aos cambios lexislativos e abrindo novos camiños de actuación
  • Esta actuación permitiu nos últimos 20 anos alcanzar unha solución negociada a conflitos laborais que afectaron a máis de 700.000 traballadores e 78.000 empresas
  • En 2012, a porcentaxe de conflitos solucionados estivo en torno ao 90 por cento
  • A titular do departamento autonómico destaca que este acordo supón un paso máis na consolidación do marco de diálogo e consenso nas relacións laborais

Santiago, 25 de marzo de 2013.- O Goberno galego amosou hoxe o seu apoio ao novo Acordo galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) que asinaron os principais axentes sociais de Galicia, os tres sindicatos maioritarios e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu en Santiago a firma do novo texto que actualiza un instrumento que permitiu alcanzar nos últimos 20 anos unha solución negociada a conflitos laborais que afectaron a máis de 700.000 traballadores e 78.000 empresas. Só en 2012 beneficiou a 32.000 traballadores e 3.000 empresas, acadando unha porcentaxe de conflitos solucionados do 90 por cento.

“AGA evitou que centos de conflitos puideran chegar á vía xudicial, mediando neles e establecendo pontes de entendemento entre as distintas partes”, apuntou a conselleira, quen lembrou que este acordo, asinado por primeira vez en Galicia en 1992, foi o segundo deste tipo que se firmou en toda España.

O novo acordo adáptase aos cambios lexislativos e abre novos camiños de actuación. Así, introdúcense modificacións na solución de discrepancias durante as negociacións que preceden a descolgues e inaplicacións de convenios colectivos e na substitución dos períodos de consultas anteriores aos traslados, modificacións, suspensións de contratos e despedimentos colectivos. Tamén inclúe novidades na procura dunha solución en bloqueos na negociación dun convenio colectivo ;na solución de discrepancias no seno das comisións paritarias; e na posibilidade de que un xuíz remita á mediación os períodos de consultas para un ERE extintivo ou de suspensión.

“Trátase dunha ferramenta deseñada para o diálogo e baseada no consenso”, indicou a conselleira, quen gabou o feito de que o acordo fora asinado polos principais axentes sociais de Galicia.

O AGA é un procedemento gratuíto, e “de gran calidade, celeridade e eficacia”. Na actualidade conta con 53 mediadores e árbitros e ofrece unha solución moito más rápida da que se obtería no caso de ter que recorrer á vía xudicial

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: