O Sonoro Maxín leva a Alemaña as súas bailables ondas sonoras esta fin de semana

descarga (3)  O grupo ourensano O Sonoro Maxín viaxa a Alemania os próximos días para presentar o seu último disco ‘A onda sonora (chega do interior)’. Os días 29, 30 e 31 de marzo actuarán en Kiel e Hamburgo para aquecer as frías terras xermanas co calor das súas cumbias e ritmos bailables.

O 29 na sala Alte Meierei e o 30 na Hansa 48, ambas as dúas localizadas en Kiel, son as dúas primeiras citas desta xira alemana para o 31 desprazárense ata Hamburgo e tocaren alí na sala Hafenkiang. Alí farán un derroche de son, cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados, tal e como eles definen o seu último disco ‘A onda sonora (chega do interior)’.

Co Sonoro Maxín chega a Alemania a Onda Sonora e “faino desde o interior, dun océano interno”, afirma o grupo. Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, “asuntos moi serios”, explican.

Con centos e centos de actuacións pola Península Ibérica, a banda ourensana cruza fronteiras por primeira vez cara o norte de Europa para que as súas ondas sonoras enchan de calor, cor e cumbias as dúas localidades xermanas.

Fusión e ritmo

O Sonoro Maxín nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. Logo de compartiren escenario con Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka, no 2011 deciden deixar de tocar ao vivo para centrarse exclusivamente na preparación e gravación do seu 1º disco A onda sonora (chega do interior) nos Garate Studios, con Kaki Azkarazo, que agora presentan ao mundo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: